Carta dirixida ao Sr. Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, polo uso do coche de Servizos Sociais

Manifesto Miñor

Á ATENCIÓN DO SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE GONDOMAR.

ASUNTO: USO INDEBIDO DO COCHE DE ASUNTOS SOCIAIS.

Resulta evidente que os representantes públicos dunha institución calquera, máxime da Institución Municipal que é a máis achegada aos cidadáns, somos meros xestores dos bens públicos, e en absoluto usfructuarios dos mesmos e moito menos propietarios. É dicir, debemos facer un uso prudente e respectuoso do patrimonio municipal, sempre, ao servizo do ben común e da veciñanza.

O coche mercado por conta do “Plan Concellos” do ano 2017, foino para uso exclusivo da Área de Servizos Sociais co obxectivo de ter un transporte digo, barato, cómodo…. e sempre á disposición das necesidades ou emerxencias que nese eido xurden a miúdo na devandita Concellaría. En absoluto está a disposición da concelleira responsble ou de calquera outro membro do gobernó municipal, incluído o Sr. Alcalde para uso persoal.

Como queira que a día de hoxe o devandito vehículo está sendo utilizado pola Alcaldía para os desprazamentos do Sr. Alcalde, perdendo de realizar o seu cometido, e que incluso fóronlle eliminados os logos da Concellaría de Servizos Sociais que tiña rotulados, resulta evidente que hai un cambio de uso probablemente fraudulento a respeito da función que debe cumprir o devandito vehículo.

Polo que, RÓGOLLE, se repoñan os logos que foron arricandos e se devolva o vehículo á finalidade para o que foi mercado, é dicir, única e exclusivamente para uso da Concellaría de Servizos Sociais.

En Gondomar, a 22 de Marzo de 2015.
A Concelleira de servizos Sociais.
Asdo.: Rocío Cambra Castro.

Marzo 26, 2018

Etiquetas: ,