Asemblea comarcal de Manifesto Miñor

Convócase a tod@s @s membros  de Manifesto Miñor a unha  Asemblea Comarcal, prevista no noso funcionamento e acordo cos nosos Estatutos.

Terá lugar o mércores 26 de outubro, do ano 2022 en Baiona, ás 19,00 horas, en única convocatoria nos locais do Mercado de Sabaris (prégase puntualidade dado que temos limitado o tempo de estancia neses locais).

Os asuntos a tratar serán os seguintes:

  1. Estratexia cara as eleccións municipais nos tres concellos do Val de Miñor:  Baiona, Gondomar, Nigrán.
  2. Proceso elctoral.
  3. Iniciativas, rogos e preguntas.

No Val de Miñor, a 21 de outubro de 2022.

O Secretario.

Xaime Luxilde.

* Lembrar a tod@s que as asembleas son abertas a cidadanía para a participación nos procesos de Manifesto Miñor.

Outubro 24, 2022

Etiquetas: