A Xunta de Galicia anuncia unha liña circular polo Val Miñor para ir de visita turística

Transporte Gondomar

O Goberno da Xunta acaba de entrar en campaña eleitoral na Comarca coma un elefante nunha cacharreria, e válelle calquera cousa, sen reparar sequera no absurdo ou sesgado do que propoñen. Véndenos unha liña circular que une o Val Miñor, cando no mellor dos casos uniría Baiona e Nigrán. Falan dun percorrido dunha hora, cando polo itinerario que malamente describen, con treitos por vias rurais, os tempos non van baixar de hora e media.

 

Analicemos a “liña circular” da Xunta:  Sae de Baiona (centro de saúde), continua por Sabarís e chega á Ramallosa; de aí tira ao centro de saúde da Xunqueira e volve de novo á Ramallosa, cara Panxón. De Panxón sube a Nigrán e baixa a Porto do Molle (polígono industrial); dende aí, suponse que sube á Carrasaca, cara Parada e chega á Areíña (Vilaza), e baixa ao centro de Gondomar (estación de buses). E volve de novo a estrada d´A Rallamosa, pasando por Mañufe ata chegar ao IES Proval, de novo a Xunqueira, A Ramallosa, Sabarís, rematando en Baiona no IES 1ª de Marzo. En resumo, se unha persoa quere vir a Gondomar dende Baiona, non pode facelo en menos de hora e media cun percorrido máis propio dunha visita turística; e a rapazada que queira vir estudar ao IES Proval o mesmo, a non ser que baixen na Xunqueira e vaian camiñando ata o instituto 3Km que pra iso teñen as pernas novas.

Nada di o anuncio da Xunta do que realmente nos interesa aos miñoráns e miñorás, por exemplo: a conexión coa UVIGO, cos dous poligonos industriais, co Hospital Álvaro Cunqueiro, etc.

Se as ducias de alegacións feitas polos colectivos sociais, partidos políticos, e vaciñanza da Comarca, só deron como resultado o que agora anuncia a Xunta,  para Manfesto Miñor é unha tomadura de pelo que segue deixando o Val Miñor cunha comunicacióin interna case tan precaria como a que tiñamos.

Val Miñor, 14 de febreiro de 2020.

Asdo. Antonio Araujo Quintas.

Representante de MM-Val Miñor.

Febreiro 16, 2020

Etiquetas: , ,