Asemblea Aberta sobre o Regulamento de Participación Cidadá
A Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar convoca unha Asemblea Aberta para debater o tema do Regulamento de Participación Cidadá, diante da deliberada paralización da súa tramitación e a imposibilidade de debater o documento definitivo en sesión plenaria.
Nesta Asemblea participarán responsables dos distintos grupos políticos que poderán intervir para explicar a súa postura sobre o regulamento e sobre a participación cidadá. De seguro, esta Asemblea Aberta servirá para fixar postura e deixar en evidencia a quen non quere que a veciñanza participe. Pola nosa banda, intervirá o Concelleiro de Participación Cidadá de Gondomar, Xosé Antón Araúxo, para expoñer, máis unha vez, a postura de Manifesto Miñor sobre a participación cidadá e a importancia de que a veciñanza se implique na política municipal e na toma de decisións. Queremos que a xente participe!
Data: Venres 27 de Outubro
Hora: 20:15 horas
Lugar: Centro Neural de Gondomar
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ABERTA
Prezadas e prezados representantes de entidades do concello de Gondomar:
Pola presente, convocamos Asemblea Aberta da Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, que se celebrará o vindeiro VENRES 27 de OCTUBRO ás 20:15h no CENTRO NEURAL de Gondmar e coa seguinte:
ORDE DO DIA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Debate sobre o Regulamento de Participación Veciñal, ao que están convidados todos os grupos políticos representados na corporación municipal para explicar a súa posición ao respecto.
- Información sobre accións realizadas e toma de acordos sobre novas accións a desenvolver.
- Rolda aberta de intervencións e varios.
Explícase máis abaixo a mecánica do debate.
A convocatoria faise aberta para que poidan asistir e participar todas as veciñas e veciños de Gondomar que o desexen, polo que podemos enviar a convocatoria a todos os nosos contactos.
MECANICA DO DEBATE
O debate consitirá, nunha primeira parte, en que cada representante dos distintos grupos políticos responda as dúas preguntas seguintes:
- Que entende a súa organización por Participación Veciñal/Cidadá? (1,5min)
- Cal é a posición da súa organización a respecto do Regulamento de Participación Cidadá aprobado inicialmente en setembro de 2016? (1,5min)
A orde de intervención establecese en función dos votos acadados nas eleccións municipais do 2015, pechándose a rolda coa intervención dunha persoa representante da Coordinadora que responderá as mesmas preguntas que os demais intervintes.
Unha vez rematada a rolda de intervencións, iniciaríase a segunda parte do debate, entre as persoas asistentes á Asemblea, consistente en dúas quendas de palabra pechadas nas que poderá facer uso da palabra quen asi o desexa.
Os representantes dos grupos municipais que así o desexen poderán participar nesta segunda fase do debate.
Dada a importancia dos temas a tratar, é fundamental a participación de tod@s. Por esa razón, pregamos que confirmedes a asistencia de respresntante/s da vosa entidade.
Gondomar, a 20 de octubro de 2016
Un cordial saúdo
A Xunta Xestora