Un lugar para o parkings de autocaravanas no centro de gondomar

parking de autocarabanas

O lugar proposto, para a Asociación Galega de Autocaravanas, é o ideal

Moitos son os factores que inciden la elección dun lugar para a ubicación do parking de autocaravanas en Gondomar. Mesmo pode haber múltiples opcións ou gustos para o sitio a emprazala. Pero como en tantas cousas, sempre necesario ter a opinión dos que máis coñecen e saben do tema é dos técnicos.

Para a Asociación Galega de Autocaravanas, o lugar proposto é o ideal, por múltiples razón: por estar nun lugar propio de áreas urbanísticas dotacionais e de servizos, por estar nun lugar moi agradable dende o punto de vista paisaxístico, por estar próximo ás dependencias da Policía Local, por ter moi
fáciles accesos de viais, por estar moi perto do centro da vila e poder dispor de servizos de supermercados, comercios, farmacias, saúde, restaurantes, etc.

No relativo á opinión dos técnicos do Concello de Gondomar , esta coíncide coa da AGA, e por iso fan esta mesma proposta de ubicación na redacción do proxecto.

Un proxecto que atrae visitantes, que dinamiza o comercio e que achega ingresos ás arcas públicas

Algúns reparos que se argüen como a falta de saneamento, a colisión co campo dos bolos celtas ou estar nun lugar propicio ás inundacións, poder ser máis propios do descoñecemento do proxecto, que argumentos con base real. O saneamento pasa xusto polo lugar elixido. A rasante do parking é a mesma que a da estación de autobuses ou das instalacións do centro neural, e polo tanto corre o mesmo risco.

Finalmente dicir, que o tema deportivo tan singular para a nosa comarca, e que compre potenciar e difundir como “Os bolos Celtas” figuran no mesmo proxecto, nun emprazamento relevante no centro da vila.

Por tanto, máis alá dos gustos persoais respectables, semella que as reticencias teñen máis que coa autoxustificación, que con argumentos técnicos. Un proxecto que atrae visitantes, que dinamiza o comercio e que achega ingresos ás arcas públicas, debería ser unha prioridade comùn de todos.

Gondomar, 7 de maio de 2018

O concelleiro de comercio e turismo

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

Proxecto do parking de autocaravanas para Gondomar presentada polo noso compañeiro Xosé Antón Araúxo.

Maio 8, 2018