Remata o mandato municipal coa Mancomunidade do Val de Miñor na UCI

A Mancomunidade do Val de Miñor foi unha boa idea lamentablemente frustada pola incapacidade política dos diferentes gobernos que tivo nos últimos anos, sobre todo, cando se decataron do seu pontencial como ferramenta para transformar a Comarca prestando servizos baseados nunha economía de escala e que implicaba a perda do control caciquil dos mesmos. Así foi como comezou o seu declive.

As únicas iniciativas que aínda perviven, algunha delas esmorecendo tanto pola desidia do goberno da Mancomunidade como pola nula iniciativa política da oposición, fainos presaxiar que posiblemente esteamos asistindo a morte inducidada desta institución; definitivamente, unha mágoa.

A xestión do GES e da piscina mancomunada, por poñer dous exemplos, e cuxa problemática é pública grazas a que as propias persoas usuarias ou traballadorxs dos mesmos fixeron que saise á luz, dá a medidade do pouco interese que teñen pola Mancomunidade os tres alcades da Comarca (PSOE). Prefiren tela adormecida no canto de poñela ao servizo da veciñanza da Comara e, de paso, non contrariar demasiado ao Alcalde de Vigo con reivindicacións que lle poidan molestar, como, por exemplo, demandar un verdadeiro transporte metropolitano onde se integre Vitrasa.

Polo camiño, quedaron o parque de maquinaria ou o psicólogo, mentres o Centro de Día ubicado en Sabarís funciona ao 40% da súa capacidade dez anos despois de ser inaugurado. O caso da piscina mancomunada morrerá coa apertura dun expediente eternizante que non servirá para nada, pois moito antes a empresa concesionaria levantará bandeira (quédanlle seis meses de contrato) e quedaremos sen este servizo tan importante.

Con todo, a palma da desidia lévaa a xestion do GES, que a maiores dos problemas internos que levan anos enquistados e que son de raiz laboral, agora acabamos de coñecer que o PLAN DE AUTOPROTECCIÓN, que lle dá cobertura ao novo PARQUE COMERCIAL EN PORTO DO MOLLE, que está a piques de se inaugurar, dise expresamente que en caso de incendio o parque de bombeiros de referencia será o de Vigo situado na Avenida Ricardo Mella, a case 30kms do polígono, cando as instalcións do GES están xustamente a carón de Porto do Molle, a 300 metros. Supoñemos que o resto das empresas e naves do Polígono están igualmente vinculadas ao devandito parque de bombeiros. A pregunta é que pasaría se en caso de precisar dos bombeiros de Vigo, estes están traballando noutro lugar? 

Se cadra isto explica o pasotismo institucional e o desmantelamento controlado do GES, no canto de aumentar a plantilla e os medios do mesmo para atender unha Comarca con máis de 50 mil habitantes fixos e dous polígonos industriais

No Val de Miñor, a 18 de novembro de 2022

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Voceiro de MM

 

Novembro 25, 2022

Etiquetas: , , , ,