Publicidade machista en Gondomar
O contido que se anuncia dende os paneis publicitarios depende da empresa propietaria da valla
Hai dous días amencía Gondomar cun panel publicitario que suscitou bastantes críticas e opinións diversas. Dende Manifesto Miñor consideramos necesario facer unas breves anotacións: O contido que se anuncia dende os paneis publicitarios non depende do Concello, senón da empresa propietaria da valla. Isto quer
O deber do Goberno avanzar na mellora dos espazos públicos, así como atender as queixas formuladas polas veciñas e veciños.
En calquera caso, o problema principal do panel non é só o contido; máis alá do deseño, o certamente grave é que está publicitando un prostíbulo, inda que utilice para facelo o eufemismo night club. Sabemos que este é un debate controvertido, no que se defenden e atopan diferentes posturas.
Porén, gustaríanos chamar á reflexión sobre o feito de que a publicidade presenta os seus produtos dende a perspectiva de facelos máis desexables e persuadir x cliente a consumir. Neste caso, a través de actores e actrices do mundo da pornografía (non entraremos tampouco no rol da muller na pornografía mainstream, producida dende o cisheteropatriarcado por e para homes) anunciase un lugar no que, de entrada, só podemos intuír a súa actividade e non temos garantías do modo en que as traballadoras desenvolven esa actividade.
O problema non é o que vemos; a nudez non é per se agresiva. O problema é o que sabemos; o fondo da cuestión é como se emprega un eufemismo para esconder a realidade e como se utiliza o subterfuxio para dar visos de legalidade á prostitución.
Cómpre tamén recordar que a prostitución carece de regulamento que a aborde adecuadamente, deixando, en moitos casos, e principalmente ás mulleres, en situación de desprotección. É por esta razón pola que consideramos que a súa promoción non parece o máis acaído e é por esta razón que demandamos a retirada do cartaz.
Queremos, por último, deixar constancia da norma 10ª do Código de Conducta Publicitaria e convidar á reflexión colectiva:
“A publicidade non debe suxerir circunstancias de discriminación, xa sexa por razón de raza, nacionalidade, relixión, sexo ou orientación sexual, nin atentará contra a dignidade da persoa. En particular, evitaranse aqueles anuncios que poidan resultar vexatorios ou discriminatorios para a muller”.