O Concello de Gondomar, sen control democrático

Casa do Concello

Paco Ferreira ou a falta de vontade democrática

Coa expulsión irresponsable do Goberno Municipal dxs concelleirxs de Manifesto Miñor, Paco Ferreira eliminou a única posibilidade que quedaba dentro do goberno de enteder a política municipal como un feito de transparencia e de participación cidadá. Ese feito fixo evidente a nula capacidade do Alcalde para establecer consensos, para o diálogo e para respectar os acordos.

A deriva autoritaria do señor Ferreira viuse acentuada nos últimos meses, incluso, vulnerando dereitos básicos e fundamentais dxs concelleirxs da Corporación Municipal. O que leva aconcendo nos últimos meses non ten parangón en Gondomar nos 40 anos que levamos de corporacións municipais democráticas con alcaldes de todas as cores políticas.

Máis de dous meses sen Plenos da Corporación Municipal

De entrada, leva máis dous meses sen convocar plenos, ordianarios ou extraordinarios, cando o Regulamento Orgánico do Concello obriga a realizar un pleno ordinario por mes. Deste xeito, Paco Ferreira impide o control democrático e a fiscalización do seu goberno en minoría, e tamén o traslado ao pleno das iniciativas da oposición como representantes lexítimos da cidadanía.

Volven as maneiras da vella política caciquil, que algúns críamos desterradas de Gondomar para sempre, e o máis triste é que veñen da man dun alcalde que se di Socialista.

A oposición sen información

A última alcaldada de Paco Ferreira é obrigar xs concelleirxs de Manifesto Miñor a solicitar por escrito o acceso ás Actas dos Plenos, cando son documentos públicos de libre acceso e que tiñan que estar todas elas publicadas puntualmente na páxina web municipal. En concreto, solicitouse una do mes abril de 2018 que por extrañas razóns aínda non foi publica na web. A maiores, aínda estamos agardando polo acceso a determinados expedientes, cuxa petición foi realizada hai máis de 4 meses e incluso un ano.

Todo este corolario de despropósitos e vulneracións democráticas, que Manifesto Miñor vaino poñer en coñecemento da Valedora do Pobo, vén a demostrar, no plano político, o nerviosismo pre-eleitoral de Paco Ferreira e a súa deficiente ou equivocada idea da democracia.

En Gondomar, a 29 de marzo de 2019

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Voceiro Municipal de Manifesto Miñor.

Marzo 30, 2019

Etiquetas: , ,