Manifesto Miñor recomenda presentar reclamacións en oficinas de Movistar ou da páxina web da compañía ante a falta de instalación de fibra óptica nos barrios de Gondomar excluídos do plan te implantación actual

No pasado  mes de outubro, Manifesto Miñor levou unha moción ao pleno da corporación que foi aprobada por unanimidae. Nesta mocíón pedíase tomar medidas para que todos os lugares do concello tivesen a mesma posibilidade de poder acceder a internet mediante a fibra óptica.

Hoxendía o mundo laboral camiña cara o traballo en rede, no ensino cada vez se fai máis imprescindíbel o uso das novas tecnoloxías, en conclusión para que unha sociedade acade un grao de desenvolvemento acorde o século no que vivimos, esta precisa de dotación de servizos básicos, é un deles é unha boa conexión a internet  e rápida, cousa da que carecemos neste intre no concello xa que a velocidade da internet non supera os 30MGps no mellor dos casos.

A Xunta de Galica no marco do Plan Banda Ancha 2020, concedeu en marzo de 2018 unha subvención a operadora Telefónica de España, S.A. destinada a despregar redes de banda ancha ultrarrápida de máis de 100Mbps en entidades de poboación de menos de 300 habitantes. Estos despregues contarán cunha inversión pública  de 14,2 millóns de euros, cofinaciados un 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), subvención esta que remata no ano 2021.

Con esta medida, a administración galega debería actuar nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, namentras que o Estado debería centrar os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Ancha (PEBA).

En parte do concello xa está despregada a fibra óptica e so falla que se resolva un problema na Xunqueira, en vías de solución,  para a sustitución do cableado e poder ter unha internet ultrarrápida efectiva, con todo, preocúpanos que no noso concello existan zonas brancas, aquelas que non teñan a cobertura mínima de 30 MGps e as operadoras non teñen previsto chegar a ellas: estas son Portavedra, Fontiña, Vilas, Prado, Murxido e A Fraga (Couso)

O 10 de maio de 2014 saiu publicado no BOE a lei 9/2014 de telecoumicacións, esta lei modificou a anterior lei 32/2003, de 3 de novembro para axilizar a instalación da fibra óptica e  a supresión da rede de cobre actual.

Para avanzar na solución deste problema de conexión nos devanditos núcleos, dende Manifesto Miñor recomendamos xs habitantes dos mesmos que deixen constancia da necesidade dunha boa conexión a internet que lles permita dispoñer de servizos de telefonía fixa convencional, transmisión e recepción de televisión, servizos de ofimática, etc., acorde cos novos tempos. Por iso, poderían dirixirse ás oficinas de MOVISTAR e deixar constancia por escrito desta reclamación e de non ser discriminados por viviren afastados dos núcleos máis poboados.

En Gondomar, a 16 de febreiro de 2021.

Febreiro 19, 2021

Etiquetas: ,