DEZ PROPOSTAS PARA REXENERAR O VAL MIÑOR

Manifesto MiñorO Val Miñor é unha comarca cunha nidia delimitación xeográfica, construída ao longo da historia e socialmente configurada como tal, e cunha grande conciencia de seu. Esta vizosa realidade non se corresponde coa caprichosa división administrativa en tres concellos, nin tampouco coa absoluta ignorancia sobre a non menos forte realidade parroquial. E por iso que dende XXX potenciaremos ao máximo as competencias da Mancomunidade do Miñor, así como a creación nas parroquias de Consellos Parroquiais.

Dende estas tres instancias: Mancomunidade, concellos e parroquias, promoveremos:

Participación Veciñal

A democratización das institucións municipais e da Mancomunidade, así como todas as medidas tendentes á participación veciñal o través dos Consellos parroquiais, sectoriais etc. Elaboración dun regulamento de participación cidadá. Elaboración participada dos veciños nos orzamentos da Mancomunidade e nos dos concellos. Consulta veciñal o través de referendos.

Mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos

Que para mellorar a calidade e procurar a eficiencia de moitos servizos, aproveitando as sinerxias de preto de 50.000 habitantes, [suprimir: e polo que] propomos que a recollida de residuos sólidos urbanos; a policía local; o conservatorio de música; o parque de maquinaria; o complexo de ocio da piscina da Ramallosa; o plan [Plano non procede] de expansión turística; o parque de bombeiros; protección civil; o plan [Plano non procede] de conexión por transporte público coa Universidade e o Hospital de Valadares e a promoción do aforro enerxético e a potenciación e uso das enerxías renovables, pasen a ser de xestión da Mancomunidade do Miñor.

Rescate da autoestrada do Val Miñor

O rescate da Autoestrada do Val Miñor para convertela nunha auténtica vía de comunicación interna, libre de peaxes, para servizo dos habitantes da comarca, evitando a construción de infraestruturas de forte impacto ambiental e nulo rendemento social.

Ordenación do Territorio

Elaborar un Plano Comarcal de Ordenación do Territorio a fin de que os distintos Planos Xerais se adecúen as estes trazos xerais. O espazo natural miñorá é a maior riqueza da que dispomos. É necesario a elaboración dun Plan [Plano non procede] Xeral de Protección dese patrimonio: Foz e río Miñor, Serras da Groba e Galiñeiro, e a liña marítima.

Patrimonio histórico, artístico e cultural

Deter o desleixo e a destrución do patrimonio histórico, artístico e cultural, defendendoos e poñendoos en valor, elaborando o seus catálogos e plans de protección.

Paseos peonís

Completar unha rede de paseos peonís, nomeadamente pola beira do Miñor, así como carrís bici prácticos e respectuosos co médio ambente.

Educación, Sanidad e Asuntos Sociais

Coordinación da oferta educativa pública. Mellora da asistencia de urxencias e especialidades na Xunqueira. Creación dunha Casa de Acollida para mulleres maltratadas, así como plans para a eliminación da violencia de xénero. Habilitar unha parte da residencia de Patos como residencia de maiores; optimización do centro de día de Sabarís.

Emprego

Coordinación dende a Mancomunidade dun Plan de Emprego dirixido especialmente á xente nova e ás persoas paradas de longa duración. Creación dun banco de vivendas con alugueiros de carácter social. Medidas de protección contra a exclusión social. Promoción de bancos de tempo e moeda social.

Radio mancomunada

A recuperación da radio mancomunada, entendida como servizo público, de participación veciñal e de promoción da cultura galega e miñorá. Creación de instrumentos e ferramentas en rede para o Val Miñor, e potenciación e apoio de medios de comunicación falados, escritos e/ou dixitais, na comarca.

Cooperativismo

A atención especial ás nosas capacidades agrícolas e mariñeiras. Fomento do cooperativismo tanto na produción como na comercialización de produtos agropecuarios, pesqueiros e artesanais. Fomento do comercio de proximidade.

Febreiro 20, 2015

Etiquetas: , ,