Xuntanza do Grupo Municipal
O venres 16 de outubro, ás 20:45 horas, convócase unha xuntanza aberta do Grupo Municipal no local do Manifesto Miñor (r/Párroco José Mariño 9)
Orde do día:
- Constitución do grupo municipal de Gondomar.
- Establecemento dun sistema de coordinación, comunicación interna do grupo, etc.
- Información de asuntos de interese do goberno municipal.
- Debate e propostas que o Manifesto Miñor debe ter en conta na acción de goberno: cuestións de interese que hai que traballar, etc.
- Comunicación externa do traballo dos concelleiros e da concelleira do Manifesto Miñor.
- Varios.