VII Asemblea Aberta do Manifesto Miñor

O vindeiro xoves 18 de xuño, ás 20:30 h, no Centro Neural de Gondomar teremos unha asemblea aberta coa seguinte orde do día:

  1. Información sobre as conversas mantidas ata o momento.
  2. Configuración do Grupo de Traballo Municipal.
  3. Valoración do pleno de investidura
  4. Posición do MM a partir do novo escenario aberto o día 13 de xuño
  5. Facultar ao Grupo de Contacto para chegar a acordos. En todo caso, será a Asemblea do Manifesto Miñor quen tome o acordo definitivo.
  6. Varios

Deixámosvos para que podais ver o transcurso da asemblea en streaming.

Xuño 17, 2015

Etiquetas: