Unión Fenosa oculta cun poste de tendido eléctrico un valado anunciador do patrimonio histórico de Gondomar
Hoxe Manifesto Miñor-En Marea presentou o seguinte escrito no Rexistro Municipal de Gondomar co obxecto de que o Concello tome medidas, pois non é de recibo que un panel indicador dun elemento patrimonial de nivel mundial como é o Petróglifo de Auga da Laxe en Vincios, musealizado tamén dentro da mesma subvención.
O pasado mes de Outubro, UNION FENOSA (unha subcontrata), procedeu á colocación sen ningún tipo de coidado e con ausencia total de respeito polo patrimonio público, un poste do tendido eléctrico que oculta literalmente o valado anunciador dos Petróglifos de Auga da Laxe na estrada Gondomar-A Ramallosa, en Mañufe, á altura do IES Proval.
O devandito valado fora instalado nese lugar coas autorizacións previas tanto de Estradas de Galicia como da Consellaría de Cultura e Turismo. Igual que ese valado hai ourros dous nas tres entradas principais de Gondomar: estrada de Tui en Couso, Estrada de Vincios n`A Pasaxe, e esta na estrada d´A Ramallosa.
Dicir que a instalación deses importantes elementos informativos, acompañados doutro tipo de información accesible vía telematica, etc, foi realizada grazas a unha subvención (arredor de 14.000€) concedida pola Deputación de Pontevedra dentro dun programa de promoción turística., cuxa xestión foi leva a cabo polo concelleiro de turismo e comercio no anterior mandato, Xosé Antón Araúxo.
A día de hoxe ignoramos se semellante abuso por parte de UNION´FENOSA conta coas preceptivas autorizacións da Xunta, ou cando menos lle foi comunicada ao Concello a implantación do poste.
Por outra banda, chama a atención que este novo elemento estea enclavado á beira do chmado paseo/carril bici que vai de Gondomar á Ramallosa, resultando un elemento agresivo esteticamente e mesmo perigoso para peons e ciclistas.
Por todo isto, SOLICITAMOS do Goberno Municipal, que tomen cartas no asunto e esixan da Xunta de Galicia e de UNIÓN-FENOSA, a súa inmediata retirada, e o seterramento da liña electrica como lle compre a un tramo con característica urbanos, máis ainda se se trata dun paseo.
En Gondomar, a 14 de Novembro de 2019.
Asdo.: Antonio Araújo Quintas.