Unha ducia de gondomarenses adhírense as iniciativas xudiciais contra do Banco Pastor e reclaman máis de 30 000€
O ano pasado recolleuse unha primeira quenda de 34 reclamacións durante as charlas que o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Comercio que dirixía o Concelleiro Xosé Antón Araúxo, convocara para todas as persoas afectadas.
A información subministrada polo Banco Pastor contiña «contiña inexactitudes e erros contables”
Dende esa data, unha ducia de veciñas e veciños de Gondomar, cinco delxs na última semana, téñense adherido as iniciativas xudiciais da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA), para reclamar máis de 30 000€ ao Banco Pastor. Xs afectadxs pola compra de produtos bancarios tóxicos consideran que foron enganados con informacións falsas sobre a solvencia do banco; polo tanto, foron vítimas de información errónea ou irregular que afectou negativamente aos seus intereses como consumidorxs.
De ter recibido información certa, non terían investido os seus aforros. Por si mesmxs non tiñan medios de saber cal é a situación de contabilidade real do banco, xa que eran pequenxs investidorxs sen coñecementos financeiros. Segundo o avogado Xoán Antón Pérez Lema, de ACOUGA, o folleto informativo da ampliación «contiña inexactitudes e erros contables”.
Dúas sentencias condenatorias contra o Banco Pastor
Esta ducia de persoas afectadas únese agora ás outras 34 veciñas do concello que xa fixeran a súa reclamación hai un ano e, de feito, xa existen dúas sentenzas nos xulgados de primeira instancia de Vigo que permitirán que recuperen o diñeiro investido na compra de accións do Banco Pastor antes da bancarrota e absorción por parte de Santander en 2017.
Nos xuízos anteriores condenouse á entidade polos abusos cometidos por ofrecer datos falsos ao comercializar os seus produtos. Todas aquelas persoas que aínda teñan destes produtos no seu haber e queiran unha solución para a recuperación dos cartos pode pórse en contacto con Manifesto Miñor.
Gondomar, 28 de xaneiro de 2019
Xosé Antón Araúxo Rodríguez
Concelleiro de Manifesto Miñor