Tras sete anos de seca orzamentaria, Gondomar aproba uns presupostos.
O alcalde de Gondomar, como responsable da área de facenda e orzamentos, vennos de anunciar que levará a próximo pleno, de convocatoria inminente, os presupostos para 2019, nos que acepta as emendas que os grupos de esquerda lle presentamos ao proxecto provisorio de orzamentos. Como cada ano, o Presidente da Corporación de Gondomar, co seu habitual rigor e capacidade de traballo, en colaboración cos grupos progresistas do concello, presentou un pormenorizado documento aberto para a súa negociación. Temos que agradecer o seu talante negociador, a capacidade integradora, a confianza demostrada nos grupos de MM e CABE.
Froito deste espírito integrador, os tres grupos progresistas aprobarán un orzamento que, como principais novidades, presenta a reserva dunha partida para a construcción dun centro de atencion diurna para persoas da terceira idade, triplica o orzamento adicado á promoción do comercio de Gondomar, que pasa dos raquíticos 6 000 € a 21 000€, contempla o investimento para desenvolver o paseo fluvial á beira do Río Miñor e, por suposto, o aparcamento de autocaravanas de Gondomar, proxecto estrela da Alcaldía. Tamén ten destinados 35 000€ para acompañar a posta en marcha do Regulamento de Participación Veciñal, que se aprobará na mesma sesión do pleno municipal.
Por último,no último mes venñense de encargar dous documentos técnicos, que serán presentados a finais do primeiro trimestre do 2019: o primeiro, un estudo comparativo con outros concellos sobre mobilidade dxs habitantes de Gondomar e utilización do transporte metropolitan; o segundo é un estudo para a posta en marcha da remunicipalización de servizos públicos. Todas estas iniciativas enmarcanse dentro da política de transparencia, eficiencia e defensa do público que guían a acción do Goberno de Gondomar.
Gondomar, 28 de decembro de 2018.
Manifesto Miñor
Sería marabilloso se fose certo!
#INOCENTES!