Suspensión do proceso de licitación dos postos da Praza de Abastos polo Sr. Alcalde

Plaza de abastos Gondomar

Coa decisión do Alcalde, Gondomar retorna aos agravios e ás arbitrariedades do PP.

Hai decisións que non favorecen a ningúen, pero que perpetúan a irregularidade, que favorecen o chanchullo, o agravio, que se toman a sabendas de que prexudican a persoas que estaban esperando pola resolución da licitación dos postos para poder comezar a traballar de xeito legal e ampliar, así, a oferta de produtos e servizos da Praza de Abastos. Un exemplo disto é a decisión que tomou Francisco Ferreira, alcalde grazas aos votos da maioría de progreso de Gondomar, de paralizar o proceso de legalización e regularización da praza a piques de resolverse e dar solución a un problema crónico do noso concello.

Xs praceirxs seguirán en situación de ilegal provisionalidade

Coa súa decisión prexudica, en primeiro lugar, xs actuais praceirxs, que seguirán en situación de ilegal provisionalidade e xs que lles queda menos dun ano para poder regularizarse. Pero, ademais, vulnera dereitos dxs novxs licitantes, que aumentarían nun 40% a oferta da praza de Gondomar e que agora quedan no limbo. Tamén prexudica o dilixente traballo da Concellaría de Comercio, prexudica a capacidade de acceder a subvencións supramunicipais, prrxudica a dinamización, diversificación e o bo funcionamento da Praza de Abastos. En definitiva, a decisión do Sr. Alcalde prexudica a toda a veciñanza de Gondomar.

Estamos diante dun feito moi grave, na medida en que a decisión, para nós arbitraria, constitúe unha desautorización flagrante do traballo dun compañeiro e unha demostración das dificultades do Sr. Alcalde para o traballo cooperativo, colaborativo e respectuoso e da súa facilidade para fabricar problemas onde so había solucións. Insistimos en que a resolución de Alcaldía pola que se supende “cautelarmente” o proceso de licitación non só afecta xs praceirxs actuais senón que conculca os dereitos das persoas que accedían aos postos libres. Tomouse unha resolución a sabendas de que os estaba perxudicando.

O PP deu permisos particulares, mesmo despois de ter aprobado o regulamento que establecía o proceso de adxudicación de postos.

Con esta decisión, o PSOE está consolidando a política de chanchullos, agravios, favores e arbitrariedades instalada polo Partido Popular. De feito, o PP deu permisos particulares, mesmo despois de ter aprobado o regulamento que establecía o proceso de adxudicación de postos na Praza de Abastos, é dicir, deu permisos en contra da propia norma que redactaron e aprobaron. A Lei non permite outra vía para adxudicar os postos que a vía do concurso público. O Alcalde sábeo. Con todo, quedamos á espera de que, se atopa outro procedemento para adxudicar os postos da praza, a faga pública co respaldo legal adecuado. Se considera que hai outra vía para saltarse o concurso que o diga.

Por outra banda, a excusa de que ten dúbidas legais non ten fundamento. Mais, se fose o caso, que non o cremos, que diga cales son, que se consulten, que se dictaminen, que se subsanen rapidamente e que se poña dunha vez a Gondomar do lado da legalidade, da trasparencia e da igualdade de dereitos da cidadanía, tal como propuña o noso concelleiro Xosé Antón Arauxo. De momento, o Sr. Alcalde tomou unha decisión no camiño contrario, no camiño de volver aos tempos e modos de actuación do PP.

Pola nosa banda, non entendemos esta discrepancia como pulso ningún. Manifesto Miñor en ningún momento tivo a intención de paralizar as inciativas do PSOE nin estamos no goberno para manobrar contra as decisión dxs compañeirxs, por máis que poidamos ter outras visións sobre as actuacións máis eficaces e pertinentes nas concellerías do grupo municipal do Sr. Alcalde. Para que haxa un pulso ten que haber dúas partes facendo forza confrontada; ese non é o noso xeito de entender e de facer política.

Se poñen paus na roda das nosas iniciativas, mentres se demoran inxustificadamente as tramitacións administrativas das nosas áreas de traballo

Pola contra, atopámonos cunha situación de atranco, de bloqueo, que non axuda a mellorar e modernizar Gondomar. A cada paso, temos que intentar avanzar mentres nos activan o freo de man, mentres se nos relentiza a nosa dinámica de traballo, mentres se poñen paus na roda das nosas iniciativas, mentres se demoran inxustificadamente as tramitacións administrativas das nosas áreas de traballo.

Os exemplos están sobre a mesa e son coñecidos por toda a veciñanza: o Regulamento de Participación Cidadá, o Mercado dos Sábados, a Feira Portobelo, os Encontros de Consumo Responsable… e, agora, a adxudicación de postos na Praza de Abastos e a regularización deste espazo municipal. Pero nunca houbo pulso bilateral. Manifesto ten respectado sempre o traballo das areas de goberno do grupo municipal de Paco Ferreira, por máis de que o seu grupo municipal so teña 4 de 17 concelleiros da corporación. É dicir tan só un máis que Manifesto Miñor.

Por máis rémoras que poidamos ter, iso non nos impedirá seguir coa ilusión de transformar o Concello de Gondomar

Gustaríanos que a forma de traballo da Alcaldía fose máis respectuosa, menos autoritaria, máis dilixente, menos dubitativa, máis executiva, menos lenta e, en definitiva, que se ativese aos contidos dos acordos de goberno e á legalidade. Por máis rémoras que poidamos ter, iso non nos impedirá seguir coa ilusión de transformar o Concello de Gondomar e mellorar a calidade de vida das dúas xentes. Seguimos traballando polos compromisos adquiridos!

En Gondomar, 30 de maio de 2017.

Grupo de Comunicación de Manifesto Miñor.

 

Maio 31, 2017

Etiquetas: , , ,