Sobre o urbanismo de Gondomar, as dietas do Alcalde e outras inapropiadas declaracións do Sr. Ferreira
Diante das desafortunadas declaracións do Alcalde, Paco Ferreira, realizadas nestes día aos medios de comunicación, sen reflexionar e, suponemos, froito do nerviosismo político que lle produce a proximidade electoral, dende “Manifesto Miñor“ (MM) queremos aclarar que xs concelleirxs de Manifesto Miñor forman parte do Goberno Municipal de Gondomar por dereito propio e porque así o quixo o mandato popular saído das urnas, non por unha graciosa concesión do Sr. Ferreira. Quer isto dicir que, calquera retirada de competencias que o Sr. Alcalde decida con respecto ás áreas xestionadas polxs nosxs concelleirxs, haberá de facela por escrito e axustada á Lei. As ameazas e as insidias feitas na prensa, son impropias dun alcalde e axudan moi pouco a lle resolver os problemas da veciñanza, única preocupación da nosa formación política.
Neste sentido, convén facer algunas aclaracións respecto do Urbanismo de Gondomar:
No que vai de ano, déronse máis 50 licenzas de obra maior
1º.- O urbanismo de Gondomar foi desbloqueado grazas ao compromiso e á boa xestión do concelleiro Antonio Araúxo, así como ao traballo impecable do persoal do Departamento. De feito, delimitáronse oito núcleos rurais e, no que vai de ano, déronse máis 50 licenzas de obra maior e 120 Comunicacións Previas. Neste sentido, conseguimos acabar coa parálise edificatoria provocada pola mala praxe dos gobernos do Partido Popular, sempre cunha atención á veciñanza seria, puntual e respectuosa coma nunca antes houbera.
Os únicos atrasos que tivo o PXOM, son os que o Sr. Ferreira provocou
2º.- Os únicos atrasos que tivo o PXOM, como é sabido e como consta na documentación do expediente, son os que o Sr. Ferreira provocou: primeiro, atrasou a saída ás parroquias a explicar o novo borrador e, despois, negouse a asinar a cesión do contrato de EPTISA a Alfonso Botana S.L., que puido facer dende o pasado mes de setembro. Lembramos que a cesión contaba cun informe favorable da Universidade da Coruña para facelo, que por certo, acaban de validar a Secretaría Xeral e a Intervención municipais, tal como defendeu sempre Antonio Araúxo.
O Sr. Ferreira fáltalle á verdade anunciando que aprobará inicialmente o PXOM
3º.- O Sr. Ferreira fáltalle á verdade anunciando que aprobará inicialmente o PXOM neste mandato. Agora, é materialmente imposible por unha cuestión de prazos, pois hai que volver desenvover a tramitación, aprobeitando só o traballo técnico e as suxestións da veciñanza. De entrada, son necesarios uns tres meses para actualizar e ordenar toda a documentación e outros sete para resolver as dúcias de informes sectoriais e trámites administrativos previos. É dicir, DEZ meses, sen contar agosto, supoñendo que polo medio a Xunta non requirise máis documentación; isto sitúanos xa no seguinte mandato. Por certo, cómpre lembrar que o Sr. Ferreira xa traballaba con este cronograma e así o fixo constar en innúmeras declaracións á prensa (como pode vir agora de salvador do PXOM cando el era partidario de comezar o proceso dende cero?).
En definitiva, todo o traballo do concelleiro de Manifesto Miñor, Antonio Araújo, á fronte de Urbanismo, que a cidadanía apoia e aprecia, nunca foi foi apoiado ou entendido polo Alcalde. Ben ao contrario, as máis das veces foi torpedeado por ciumes ou miopía política. Parece que Paco Ferreira aínda non comprendeu que o PXOM en Gondomar non se pode aprobar só con catro votos.
Sr. Alcalde non fixo os deberes reservando unha partida de 500.000€ para continxencias
Recomendámoslle unha vez máis ao Sr. Ferreira que deixe de poner paus nas rodas ao traballo dos seus socios de gobernos, como fixo, por exemplo, coa súa “triunfal intervención” no desenvolvemento da primeira fase do Polígono Industrial da Pasaxe; en breve saberemos se foi real ou só propaganda cando haxa que financiala con 6 millóns de € e non haxa con que, pois o Sr. Alcalde non fixo os deberes reservando unha partida de 500.000 € para continxencias. E non falemos dos consensos rotos, ao expulsar á CCMM de Vincios do proceso, entre outras “gloriosas actuacións”.
Vendeu unha subvención da Xunta como conseguida, o resultado foi de CERO EUROS
Lamentablemente, no tema d’A Pasaxe pasará igual que co saneamento do barrio d`A Pedra, onde vendeu unha subvención da Xunta como conseguida e, ao presentar a petición o último día de prazo, o resultado foi de CERO EUROS de subvención, sabendo como era unha concurrencia non competitiva. Asemade, tamén lle aconsellamos que atenda as súas áreas, por exemplo, coa elaboración duns Orzamentos Municipais que saquen a Gondomar da precariedade económica; despois de tres anos de goberno, xa vai sendo hora.
Respecto das súas declaracións sobre a resolución da fiscalía sobre a kilometraxe indebidamente cobrada, cómpre dicir:
1º.- Manifesto Miñor sempre se comportou con lealdade á veciñanza de Gondomar e, por iso, lle advertimos (de palabra, por email e por escrito) hai máis dun ano que non debía cobrar eses kilómetros por non ser ético, ir contra a norma (e informado desfavorablemente pola Intervención municipal) e porque nunca foron cobrados por ningún alcalde de Gondomar. O Sr. Ferreira parece que descoñece que en Gondomar hai veciñxs nosxs que teñen que vivir con menos de 300€/mes.
2º.- Pola contra, deslealdade é negarse cumprir sistemáticamente o acordo de goberno e levar a pleno o Regulamento de Perticipación Veciñal ou negarse a consensuar o Plan Concellos da Deputación 2018 presentando ás agochadas só os seus proxectos, incluso incumprindo un mandato plenario como é facer as obras de saneamento do barrio d’A Pedra.
Respecto das dilixencias da Fiscalía, el sabe mellor ca nós, que para iso é abogado, que a Fiscalía nin absolve nin xulga, en todo caso MM neste asunto seguimos mantendo a nosa postura: son cobros faltos de ética e deben ser devoltos. En calquera caso, dende Manifesto Miñor pareabenizámonos de que a nosa advertencia tivese como consecuencia o cese no cobro indebido deses kilómetros.
A nosa advertencia tivo como consecuencia o cese no cobro indebido deses kilómetros
En Gondomar, a 1 de Agosto de 2018.
Asd.: Grupo de Comunicación de MM.