Regulamento de funcionamento do Punto Limpo de Gondomar
O pasado xoves, 30 de xaneiro, anunciouse no BOP de Pontevedra a aprobación inicial do Regulamento de funcionamento do Punto Limpo de Gondomar que estará a información pública polo prazo de 30 días, dende o día seguinte á publicación. Durante este prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada para formular alegacións.
Dende o grupo municipal Manifesto Miñor – En Marea compartimos o documento do Regulamento do funcionamento do Punto Limpo de Gondomar para que a veciñanza poida consultalo. Asemade, animamos a todas as veciñas e veciños do Concello a presentar todas as alegacións que consideren.