Propostas de Manifesto Miñor para unha volta segura ás aulas
Logo da Conferencia Sectorial de Educación entre os ministerios de Educación, Sanidade e Política Territorial coas consellerías de Educación de todo o Estado, celebrada no día de onte, 27 de agosto, a comunidade educativa afronta con moita preocupación a volta ás aulas. A Consellería de Educación ve respaldada a súa estratexia de sobrecargar o trallado dos equipos directivos e do profesorado, tal e como se reflexa no “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19“, que leva sen actualizar máis dun mes malia o repunte de contaxios neste mes de agosto.
Dende Manifesto Miñor entendemos que este protocolo non atende as demandas de equipos directivos, profesorado, alumnado, ANPAS e familias. Por iso, dende Manifesto Miñor esiximos á Consellería de Educación máis colaboración cos concellos e un plan de retorno ás aulas que garanta a seguridade de toda a comunidade educativa. Na moción que presentamos establecemos unas liñas de actuación prioritarias para a volta a clase en setembro.