Primeira sentenza favorable para veciñxs de Gondomar polos abusos bancarios do Banco Pastor
As charlas que a concellaría de comercio de Gondomar realizou hai un ano, cando Xosé Antón Araúxo Rodríguez dirixía a devandita concellería, están dando os seus froitos. O xulgado de primeira instancia nº9 de Vigo vén de condenar, nunha rotunda e breve sentencia, os abusos cometidos polo Banco Pastor na emisión de escuros produtos bancarios.
Esta é a primeira sentencia de varias pendentes enviadas dende Gondomar por varios veciños de boa fe confiaron nos falsos datos achegados polo banco.
O rotundo fallo, estima integramente a demanda e declara a nulidade relativa, por erro, do contrato de compra de acciones de data 2/6/2016 suscito entre as partes. Tamén obriga a restituír ao demandante unha suma de varios milleiros de euros, así como os intereses dende a data da compra das accións.
Por último fai expresa condena de costas á parte demandada, isto é, ao banco.
Manifesto Miñor segue xestionando demandas contra os abusos das entidades bancarias.
Dende Manifesto Miñor, continuamos a defender xs nosxs veciñxs contra todo tipo de agravios das grandes entidades financeiras, veciñxs que acreditaron na verosimilitude dos datos que lles achegaban. Aínda nestes últimos días temos tramitado varias máis, e poñémonos a disposición para asesorar á veciñanza e para tramitar novas demandas de persoas prexudicadas por este tipo de produtos bancarios tóxicos. Todo aquel que queira pode pórse en contacto con nos en manifestominhor@gmail.com.
Por outra banda, máis tamén relacionada con este tema, xa foi o xuízo polas cláusulas chan, no que moitas persoas de Gondomar se uniron á demanda colectiva da Asociación de consumidores de Galicia. Hai varios meses que estamos en espera da redacción da sentencia, que consideramos vai ser positiva para os intereses dos veciños e das veciñas de Gondomar.
Gondomar, 16 de xaneiro de 2019
Xosé Antón Araúxo Rodríguez
Concelleiro de Manifesto Miñor