Presentación da candidatura de Manifesto Miñor: “A veciñanza ten dereito a participar na ordenación do territorio. Cómpre sacar o PXOM do caixón”

Manifesto Miñor celebrou o acto de presentación da súa candidatura, encabezada por Antonio Araújo, para as vindeiras eleccións municipais. A candidatura está formada por un grupo de persoas comprometidas con diversas loitas sociais e, sobre todo, dispostas a traballar polo ben común e por un futuro para as dez parroquias de Gondomar. No acto, presentado por Rexina Vega, escritora e profesora da Universidade de Vigo, e no que interviñeron Antonio Araujo Quintas e outros membros da candidatura de Manifesto Miñor, así como o candidato á Entidade Local Menor de Morgadáns, Xaime Lugilde, quedaron claras as prioridades de Manifesto Miñor.

 

En primeiro lugar, imos sacar do caixón da alcaldía o PXOM e volver abrir o debate á veciñanza, que, malia o que pense o señor Ferreira, temos dereito a participar na ordenación do territorio; por suposto, unha adecuada xestión do PXOM debe dar resposta ás necesidades de vivenda do noso concello para a xente moza ou as persoas máis desfavorecidas. Asemade, hai que rematar a ordenación do Polígono insustrial d’A Pasaxe, con traballo discreto e rigoroso e moito consenso, deixando atrás a propaganda e as anuncios grandilocuentes do actual alcalde; están en xogo os tres mil postos de traballo existentes e outros tantos que pode haber pra conseguir o financiamento necesario será o noso obxectivo

 

Por outra banda, a Vila de Gondomar ten que recuperar o papel de motor económico do Concello que sempre tivo. É necesario acabar coas medidas suicidas do actual goberno municipal que están levándoa a unha desertización  comercial irreversible converténdoa nunha vila domirtorio e morta. Escoitar, falar e criar consensos, coas persoas que viven e traballan nela para mudar esta situación é o noso compromiso. Isto non nos pode facer esquecernos das as parroquias, onde vive o 80% da poboación do concello; os investimentos do Concello e das demais administracións tamén deben ser empregados en mellorar os servizos e a calidade de vida dos seus veciñxs e, por suposto, saneamente debe chegar a todos os barrios.

 

O compromiso coa igualdade e coa diversidade, que pasa por facer do Consello Municipal da Muller un organismo vivo e influínte así como dotar de medios o CIM, co medio ambiente, coa implantación do paseo fluvial entre Gondomar e A Ramallosa, e coa participación veciñal, coa aprobación do “Regulamento de Participación Veciñal” serán cuestións prioritarias, pois en Manifesto Miñor queremos un Gondomar do século XXI.

 

Pero sobre todo, dende Manifesto Miñor devolveremos a decencia política ao concello de Gondomar, que pasa irrenunciablemente por recuperar o diálogo coa veciñanza, a interlocución cos diveross colectivos do concello e o debate sosegado coa oposición. É o momento de escoitar dende o respecto as propostas de todxs.

 

Manifesto Miñor,

9 de maio de 2023.

Maio 10, 2023

Etiquetas: , , ,