Facilitamos a investidura como alcalde do candidato do PSOE
Manifesto Miñor, seguindo o mandato da súa asemblea celebrada o pasado luns, día 8 de xuño, e despois de que a nosa proposta presentada e debatida co PSOE fose rexeitada (malia ser aceptada nunha primeira xuntanza polo grupo negociador dese partido), facilitamos a investidura como alcalde do candidato do PSOE coa nosa abstención e, sobre todo, non presentando candidato propio á devandita investidura. A maiores destas dúas circunstancias, o Manifesto Miñor quere deixar claro que neste momento non hai ningún acordo ou documento asinado entres as tres forzas de esquerda na dirección de acadar un pacto de goberno.
Por último, queremos manifestar o noso compromiso e a nosa vontade de seguir traballando a partires da elección de alcalde na procura dun goberno de progreso, forte e plural, á altura do mandato cidadán saído das urnas o 24 de Maio.
En Gondomar, a 13 de xuño de 2015.