Por que están parados os proxectos de Manifesto Miñor?
Dende Manifesto Miñor, nun escrito remitido ao señor Ferreira no día de hoxe, esiximos que asuma a súa reponsabilidade como Alcalde de todas as veciñas e veciños de Gondomar e traballe con lealdade e cooperativamente para sacar adiante os proxectos dxs concelleirxs do noso grupo que ten parados no seu despacho:
PXOM
Sete meses bloqueado en Alcaldía pola negativa do señor Alcalde de asinar a cesión do contrato á nova empresa redactora.
Centro de día
Dous anos bloqueado en Alcaldía, sen motivo, pois conta con todos os informes favorables do persoal técnico municipal.
Regulamento de Participación Cidadá
Ano e medio bloqueado en Alcaldía pola negativa do señor Alcalde de incluílo na orde do día do Pleno Municipal para a súa aprobación definitiva.