A persecución do galego en Gondomar no Parlamento español
Mudar unha normativa inxusta, que só busca invisivilizar as linguas cooficiais
Grazas ás xestión de Manifesto Miñor, a persecución do galego por parte da Garda Civil en Gondomar chega ao Parlamento español da man da deputada de En Marea, Alexandra Fernández. Entre todxs, temos que conseguir mudar unha normativa inxusta, que só busca invisivilizar as linguas cooficiais e subordinalas ás linguas do poder. Mal que lles pese a algúns sectores, seguiremos defendendo o galego no ámbito municipal, a fin de gañar novos espazos de uso.
[NOTA: Advertimos un erro de transcrición no topónimo de Vincios. Pedimos disculpas, tamén en nome da deputada Fernández.]