PARTIDO INSTRUMENTAL
A Asemblea do Movemento Veciñal Manifesto Miñor, resolveu a necesidade de ter unha figura xurídica, para elevar este proceso dentro das institucions da administración local e na II Asamblea do MM se refrendou este traballo e se consensuou operativizar un PARTIDO INSTRUMENTAL para ese fin, e así facilitar unha vía administrativa que fique á disposición dos tres concellos da comarca baixo as persoas que libremente se adhiran a este movemento.
Nesta mesma asemblea se pautou un traballo de estudo, valoración e proposta dun CÓDIGO ÉTICO e un PROCEDIMENTO DE PRIMARIAS, para que, no caso de ser preciso que xurda unha candidatura por concello, que esas sexan abertas e radicalmente democráticas e que representen os princípios, obxetivos e metodoloxía deste movemento cidadá participativo.
Despois das primarias abertas resultou unha CANDIDATURA no concello de Gondomar, que comeza a súa andadura nos comicios electorais coordinadas polo COMITÉ ELECTORAL do MANIFESTO MIÑOR.