Para cando a apertura do novo centro de saúde de Gondomar?

O actual centro de sáude de Gondomar foi construído entre os anos 1987/1988, sendo Conselleiro de Sanidade D. Pablo Padín Sánchez e Alcalde de Gondomar Ramón Sestelo, ambos os dous de Colación Galega e presidindo a Xunta González Laxe.

A devandita obra supuxo hai máis de 30 anos dotar a Gondomar dunhas instalacións modernas e suficientes encanto a espazos físicos, e sobre todo, a dotación de persoal sanitario dignas de ser chamadas centro de saúde.

Con todo, 30 anos despois a poboación de Gondomar case duplicou, e toda aquela infraestrutura quedou pequena, por non dicir obsoleta. Foi entón cando no ano 2007 o alcalde daquela, Antonio Araúxo Quintas, iniciou as xestións para a construcción dun novo centro de saúde en Gondomar.

Da man dos profesionais do centro de saúde e dos diferentes organismos da Consellaría de Sanidade, fóronlle cedidos os terreos que hoxe o ocupa a nova contrucción nunha parcela municipal de 5.000m2 na zona da Ponte das Ánimas. As escrituras da devandita cesión, con todos os informes técnicos e xurídicos muncipais, así como co preceptivo acordo plenario,  foi asinada o 2 de marzo de 2009 perante notario xunto cos responsables da Xunta de Galicia. A partires ddese momento comeza a redacción do proxecto, peticións dos informes sectoriais preceptivos, etc.

BREVE ESCOLMA DE DATAS DA ODISEA QUE SUPUXO A CONSTRUCCION DO CENTRO DE SAÚDE DE GONDODMAR.

2009.- O Concello de Gondomar cédelle á Xunta de Galicia a parcela onde hoxe se ubica o novo centro de saúde, asinando a devandita cesión o 2 de marzo de 2009 por parte do SERGAS o seu Secretario Xeral, D. Cayetano Rodríguez Escudero, e do Concello de Gondomar, seu Alcalde Antonio Araújo Quintas.  Comezando a Xunta a redacción do correspondente proxecto técnico de obra.

2010.- O novo Goberno Galego presidido polo Sr. Feijo, procede a reducir a superficie o proxecto inicialmente redactado.

2015.- En xaneiro a Xunta de Galicia adxudica as obras do novo centro de saúde de Gondomar á empresa CORSÁN-CORVIÁN cun orzamento de 2.373.546.-€

2015.- O 10 de marzo inícianse formalmente as obras co replanteo das mesmas, comezando na práctica en maio.

2015.- No mes de setembro paralízanse as obras por mor dos problemas finacieiros da empresa adxudicataria e coas empresas subcontratadas.

2016.- O DOG do 27 de decembro, publica unha Resolución asinada polo responsable do SERGAS nesa altura (D. Jesús Vázquez Almuíña) coa encarga de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas  co obxecto de acometer a execución das obras ata aí paralizadas do centro de saíde de Gondomar.

2017.- En agosto volve adxudicarse a unha nova empresa a continuidade das obras de construcción do centro de saúde de Gondomar.

2017.- En setembro dán comezo as obras coa nova empresa.

2018.- En xaneiro prodúcese unha nova paralización das obras a instancia de Augas de Galicia co  obxecto de elaborar novos estudos e informes sobre a posiblidade de inundacións na zona.

2018.- En abril, catro meses despois e cos informes, supoñemos favorables, volven iniciar as obras ata hoxe.

OS ANUNCIOS DUNHA INAUGURACIÓN FRUSTRADA.

Se a construcción do novo Centro de Saúde de Gondomar foi todo un despropósito, que mesmo chegou a facerlle pensar á veciñanza de Gondomar que quedaría sen centro de saúde, os anuncios da inauguración da obra, feitos á competencia por se colgar as medallas entre a Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar, foi un disparate nunca visto no País. Velaí unha escolla de anuncios tirados de hemeroteca:

2013.- O día 3 de outubro, o Alcalde de Gondomar (PP) e a Delegada da Xunta anunciaron a inauguración do novo centro de saúde para mediados de 2015 sen estar aínda adxudicadas as obras.

2019.-  En febreiro o Alcalde (PSOE) anuncia a inauguración en dous meses.

2019.-  En abril, a Xunta de Galicia anuncia o remate e apertura do centro de saúde no verán.

2018.-  En maio o Alcalde de Gondomar (PSOE) anuncia que as obras estarán rematadas e o centro de saúde aberto en maio de 2019.

As obras da edificación seica levan rematadas dende o principio do verán segundo os diferentes anuncios  feitos nos medios de comunicación, uns días pola Xunta, outros polo Concello de Gondomar nunha competencia infantil por se colgar medallas mentres seguían sen  resolver aqueles aspectos imprescindibles para botalo a andar: conexión á rede de sanemaento, de gas cidade, de electricidade, etc.  A realidade é que a día de hoxe o novo Centro de Saúde de Gondomar está sen poder ser utilizado para o que foi construído.  O último episodio desta odisea tivo lugar a semana pasada cando o persoal sanitario do actual centro de saúde, por orde do SERGAS, anunciaron aos usuarios do mesmo o traslado para o novo centro o vindeiro venres día 8 de novembro, bloqueando axendas médicas, de enfermería, etc. Pois ben, o día 6 o persoal do centro de asúde recibe unha nova comunicación do SERGAS adiando sine die o devandito traslado por non estar correctamente executadas as obras resultado da inspección realizada polos técnicos do SERGAS e do propio Concello, co obxecto de proceder ao outorgamento da licenza de primeira ocupación.

Semellante despropósito ou burla aos veciños e veciñas de Gondomar, que ven con asombro  como un centro de saúde novo que tardou máis de 10 anos en se construir, a día dse hoxe segue pechado para o fin que foi construído por mor das disputas políticas entre o PSOE-PP. A veciñanza de Gondomar merece unha explicación en sede parlamentar por parte do Conselleiro de Sanidade que lles aclare os motivos desta situacion e os responsables da mesma, así como confirmarlles a data definitiva para a súa inauguración

En Gondomar, a 7 de Novembro de 2019.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Portavoz de Manifesto Miñor-En Marea no concello de Gondomar.

Novembro 10, 2019

Etiquetas: , ,