Manifesto Miñor solicitará no vindeiro Pleno un pronunciamento da Corporación municipal de Gondomar a prol do pobo saharauí

  NON NO NOSO NOME! “A SOLIDARIEDADE É A TENRURA DOS POBOS”   Cando a escritora e poeta  nicaraguana Gioconda Belli describía desa maneira tan linda o significado da solidariedade entre os pobos,  estaba expresando, sen dúbida ningunha, o que a veciñanza de Gondomar e o Concello levamos practicando dende hai máis  de trinta anos […]

Le mais Manifesto Miñor solicitará no vindeiro Pleno un pronunciamento da Corporación municipal de Gondomar a prol do pobo saharauí
Abril 1, 2022

Etiquetas: , ,

O desleixo do Goberno municipal de don Paco Ferreira segue maltratando o comercio local de Gondomar

Cada día que pasa vai quedando máis en evidencia o nulo interese, por non dicir desprezo, que o señor Ferreira e o seu ben pagado Goberno mostran polo comercio local e pola propia clientela dos establecementos de Gondomar.   Os últimos exemplos deste desleixo teñen que ver coa campaña de Nadal: “No Nadal, merca en […]

Le mais O desleixo do Goberno municipal de don Paco Ferreira segue maltratando o comercio local de Gondomar
Marzo 25, 2022

Etiquetas: ,

Paco Ferreira entrega, despois de máis dun ano, as concesións xs praceirxs de Gondomar

TIVO QUE INTERVIR A FISCALÍA A INSTANCIA DE MANIFESTO MIÑOR PARA QUE O SEÑOR ALCALDE, UN ANO DESPOIS DE REMATADO O CONCURSO PÚBLICO,  ENTREGASE AS CONCESIÓNS AOS PRACEIRXS DA PRAZA DE ABASTOS DE GONDOMAR.   O pasado 24 de febreiro fixo un ano que a mesa de contratación resolveu a adxudicación dos postos da Praza […]

Le mais Paco Ferreira entrega, despois de máis dun ano, as concesións xs praceirxs de Gondomar
Marzo 18, 2022

Etiquetas: , ,

As fantasías de Paco Ferreira deixan sen atención as cousas que mellorarían a vida da veciñanza

A pouco máis dun ano das vindeiras eleccións municipais e probablemente levado polo apremio dunha pésima xestión (foi incapaz de aprobar os Orzamentos Muncipais), Paco Ferreira tírase de cabeza á piscina da propaganda e a vender fume insultando sen pudor a intelixencia da veciñanza de Gondomar e desprezando como ninguén fixo nunca ás parroquias do […]

Le mais As fantasías de Paco Ferreira deixan sen atención as cousas que mellorarían a vida da veciñanza
Marzo 11, 2022

Etiquetas: ,

Manifesto Miñor pon en coñecemento da fiscalía a retención ou “secuestro” das concesións da Praza de Abastos de Gondomar

Despois de agotadas todas as vías politicas e de diálogo co Sr. Alcalde de Gondomar: rogos, preguntas, mocións, denuncias publicas, etc, todo iso tratado co desprezo habitual que o Sr. Ferreira mostra con todo aquilo que vén da oposición;  no exercicio das nosas obrigas como concelleirxs, especialmente a obriga de non mirar para outro lado […]

Le mais Manifesto Miñor pon en coñecemento da fiscalía a retención ou “secuestro” das concesións da Praza de Abastos de Gondomar
Febreiro 9, 2022

Etiquetas: , ,

As mocións de Manifesto Miñor sobre a canteiro de Penide e as paradas de autobús en Vilaza, aprobadas por unanimidade da Corporación Municipal (Pleno Gondomar, febreiro 2022)

No Pleno de Gondomar do pasado xoves, 03 de febreiro de 2022, defendemos dúas mocións moi importantes para a veciñanza do noso Concello. Moción sobre os efectos das escorrentías producidas polos atoramentos da “recuperación” da canteira de Penide-Prado, na parroquia de Morgadáns. Dende hai varios meses, vimos denunciando actuacións “irregulares” no recheo da canteira de […]

Le mais As mocións de Manifesto Miñor sobre a canteiro de Penide e as paradas de autobús en Vilaza, aprobadas por unanimidade da Corporación Municipal (Pleno Gondomar, febreiro 2022)
Febreiro 6, 2022

Etiquetas: , , , , ,