Paco Ferreira deixa nunha situación precaria a Praza de Abastos: enganou xs praceirxs e xogou co traballo das persoas participantes no concurso público

O XULGADO DO CONTENCIOSO/ADMTVO. Nº1 DE VIGO VÉN DE EMITIR SENTENZA POÑENDO NO SEU SITIO A PACO FERREIRA NO ASUNTO DO REPARTO A DEDO DOS POSTOS NA PRAZA DE ABASTOS DE GONDOMAR.

PACO FERREIRA MENTIULLE XS PRACEIRXS AO GARANTIRLLE O POSTO QUE OCUPABAN  AO 100%. ASEMADE, XOGOU DE MANEIRA INDIGNA COA NECESIDADE DE TRABALLO DAS PERSOAS QUE ASPIRABAN LEXITIMAMENTE A UN NOVO POSTO NA PRAZA DE ABASTOS.

 

Este 27 de novembro, o Xulgado do Contencioso nº1 de Vigo vén de fallar en favor das persoas que así o reclamaron e que no seu día aspiraban a un posto de venda na Praza de Abasatos de Gondomar, despois de se presentaren ao concurso público posto marcha, de acordo coa Lei e co Regulamento Municipal, polo concelleiro de comercio, Xosé Antón Araúxo.

Pois ben, onde se estaba regularizando una situación que viña de vello, a fin de darlle garantías xurídicas e tranquilidade xs praceirxs instaladxs na Praza de Abastos dende hai anos, e, ao mesmo tempo, darlle a posibilidade a outrxs novxs de se instalar nos postos baleiros a través dun concurso público (a única posibilidade legal de facelo), o afán de protagonismo de Paco Ferreira, una vez máis, levouno a crear un problema onde non o había. Comezou por desautorizar ao concelleiro de comercio, ao sementar dúbidas sobre o proceso en marcha, enganar xs praceirxs, e meterlle medo sobre a posibilidade de perderen os seus postos, dereitos, etc. Ao final, conseguiu paralizar o proceso un día antes de rematar o prazo de presentación de documentación (había catro persoas presentadas) e asignou a dedo os postos por Resolución. É dicir, enganou ás persoas que tiñan un posto na Praza de Abastos e xogou cos postos de traballo e co pan dxs fillxs daquelas persoas que  botaran a solicitude en tempo e forma, e dentro da Lei, para concursar a un dos postos baleiros.

 

A Xustiza dálle a razón ao concelleiro, Xosé Antón Araúxo: o concurso era correcto e axustado a dereito

1º.- Agora, é a Xustiza quen entra a fondo no asunto para darlle a razón ás persoas que quedaron fóra do proceso e deixar sentado con claridade meridiana que o concelleiro de Comercio, Xosé Antón Araúxo, tiña razón

“Ni la ley de contratos, ni el Reglamento municipal exigen que todos los puestos salgan a licitación conjuntamente; nada se opone a que puedan ofrecerse por partes, en períodos sucesivos de tiempo.

Bien al contrario, la justificación de la licitación de un puesto menos de los existentes se encuentra en el propio expediente administrativo, y viene dada por el informe del Concelleiro de Comercio: el ocupante de ese puesto se hallaba en edad próxima a la jubilación y su actividad era la de venta de pescado; ocurre que en la plaza existían once puestos dedicados a pescadería, y lo que se perseguía era diversificar la oferta; por ello, se pretendía esperar a esa jubilación para después licitar esa concreta concesión para otra actividad diferente.

Esas son evidentes razones sustentadas en el interés público.”

 

Paco Ferreira enganou xs praceirxs cunha adxudicación a dedo que vai contra a Lei e contra o propio regulamento municipal.

 

2º.- Paco Ferreira, ademais de actuar irregularmente sabedor de que o estaba facendo, enganou aos praceirxs establecidos na Pza. de Abastos no seu afán de boicotear o traballo dos concelleiros de  Manifesto Miñor. O Alcalde ignorou do interese xeral e municipal  (a Praza de Abastos é un ben municipal) e pensou só nos réditos políticos a través dunha estratexia de descrédito dos socios de goberno.

3º.-  Por mor desa actuación irresponsable de Paco Ferreira, en contra da Lei e da normativa municipal, agora xs praceirxs si quedan nunha situación de incerteza xurídica e de vulnerabilidade. Xa que logo, esixímoslle ao Sr. Ferreira que teña a valentía política de dar a cara e llelo explicar aos afectados

O auto non deixa posibilidade algunha ao outorgamento caciquil e arbitrario das concesións administrativas. As autoridades teñen que garantir a transparencia, os procesos abertos e a igualdade de oportunidades. Non caben tratos de favor, adxudicacións caprichosas. O maxistrado sorprendese da incoherencia legal da paralización, xa que, aínda que se anunciaba coma unha “medida de precaución”, o certo é que acaba o procedemento: é máis ben parte da medida definitiva coa intención de pechar o expedinte. A sentencia é moi clara na defensa da transparencia das administracións públicas.; “O proceso de concesión pública que agora nos ocupa ten que encaixar na arte. 93 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas: “1. A concesión de concesións de mercados en dominio público realizarase baixo o sistema de concorrencia,…en procedemento aberto. Nos mercados municipais son bens de servizo público directamente destinados ao cumprimento de fins públicos a cargo das entidades locais”.

Dende Manifesto Miñor reiteramos o noso compromiso, agora na oposición, de seguir traballando polo interese xeral e polo ben común sen mirar para outro lado cando quen goberna mete a pata ou a man.

En Gondomar, a 29  de Novembro de 2018.

Asdo.: Xosé Antón Araúxo Rodríguez.

Ex-concelleiro de Comercio de MM.

Novembro 30, 2018

Etiquetas: ,