Orzamentos inocentes para Gondomar
Por se aínda queda boa xente, moi inocente, queremos informar que a noticia de que Gondomar vai ter orzamentos, desgraciadamente non se corresponde coa realidade.
O responsable da área, Francisco Ferreira, nunca traballou nese tema nos últimos anos, nunca presentou un borrador, nunca negociou con ningún grupo político.
O responsable da área primeiro, dilapidou un capital inxente de 10 concelleiros progresistas, para quedar só con catro. Tampouco tivo a valentía de presentar uns orzamentos vinculados a unha moción de confianza, como fixeron moitos concellos de Galicia.
Lamentablemente, con esta anemia orzamentaria, Gondomar subsiste cuns orzamentos do ano 2012, da época do PP. Esta noticia, semella unha inocentada, pero non o é.
Gondomar, 29 de decembro de 2018
Manifesto Miñor