O servizo de recollida de RSU de Gondomar: da precariedade á incerteza
Unha vez máis o Alcalde de Gondomar vertendo falsidades e insidias contra seus socios de goberno
Unha vez máis o Alcalde de Gondomar sorprende a propios e a estraños coas súas “conciliadoras” declaración nos medios de comunicación vertendo falsidades e insidias contra seus socios de goberno, no canto de nos chamar a falar e a negociar como faría un alcalde intelixente. Convén aclarar que a recollida do lixo é un área responsabilidade do PSOE, e que Manifesto Miñor nunca puxo atrancos neste asunto, absténdonos nas votacións e non votando en contra como se pretende facer crer.
A recollida do lixo é un área responsabilidade do PSOE, na que Manifesto Miñor nunca puxo atrancos.
Pois ben, en todo este longo proceso que vai para os dous anos, NUNCA nos chamou a falar dentro do goberno municipal sobre un asunto tan importante para Gondomar. O seu modo de actuar é a imposición sen diálogo e sen negociación, o que nos libera aos demais para tomar as nosas propias decisións. A posición de Manifesto Miñor neste asunto, coma en todo aquilo que é tratado no Pleno da Corporación Municipal, decídese democraticamente no seo dos nosos grupos de traballo abertos polas persoas que participan no noso movemento. Por suposto, así seguiremos facendo, gústelle ou non ao Sr. Ferreira.
A posición de Manifesto Miñor neste asunto, decídese democraticamente no seo dos nosos grupos de traballo
Sobre o contrato dos RSU, a nosa opinión non variou dende a aprobación do prego de condicións: dende Manifesto Miñor reclamamos a remunicipalización do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, e só aceptaremos outra fórmula transitoriamente mentres se axustan as cuestión legais e materiais.
Reclamamos a remunicipalización do servizo de recollida de residuos sólidos
Asemade, naquela altura, defendiamos tamén (e defendemos) que o Punto Limpo debe estar fóra do contrato como ata agora; entendemos que debe ser un elemento que cómpre potenciar e diferenciado da recollida de RSU e non parece adecuado disolvelo dentro da recollida ordinaria. O Punto Limpo é o futuro!.
Por outra banda, manifestamos as nosas dúbidas sobre o prego de condicións, toda vez que as competencias da recollida de RSU recaen xa na Área Metropolitana de Vigo, como así está recollido POR LEI. Ata onde sabemos, esa Lei segue en vigor; outra cousa diferente é a suspensión polos tribunais da constitución do Plenario da Área Metropolitana.
O Punto Limpo é o futuro!.
Por último, na proposta de adxudicación existen dúbidas razoables a respecto das propostas económicas feitas por dúas empresas (a primeira e a segunda clasificadas) sobre a existencia de baixas temerarias que o propio prego de condicións prohibe expresamente. O Sr. Alcalde pretende pasar por alto esta cuestión, baseándose nun informe de parte, presentado polas devanditas empresas. Sen dúbida, estamos diante de futuros litixios interminables nos tribunais contenciosos de se levar adiante nesas condicións.
Por riba de postureos ou tacticimos políticos de curto alcance, está o interese xeral e o ben común.
En definitiva, recomendámoslle, una vez máis, ao Sr. Ferreira tranquilidade e que non se deixe levar polo nerviosismo preelectoral; que deixe de mandar “recados” pola prensa e que non se acorde dos seus socios de goberno só cando non lle dan contas. Con apoio de Manifesto Miñor, sempre que procurou o diálogo e o consenso sen trucos, puido contar. Nós non cambiamos de estratexia: por riba de postureos ou tacticimos políticos de curto alcance, está o interese xeral e o ben común. Agora tócalle a el mover ficha.