O Servizo de Axuda no Fogar de Gondomar: precariedade e incerteza

Di o señor Alcalde en diferentes medios de comunicación:  “No entra en la cabeza de nadie que dos partidos que se consideran progresistas y defensores de las políticas sociales, se hayan puesto de perfil y no apoyasen la aprobación de esta adjudicación, resuelta por una mesa de contratación”. Eses partidos progresista aos que alude o Paco Ferreira no seu afán manipulador son Manifesto Miñor e BNG.

Pois ben, como non nos gusta poñernos de perfil imos puntualizar algunhas cousas que xa llelas explicamos no pleno, pero Ferreira escoita e entende o que lle convén.

  • Primeiro, a nós tampouco nos entra na cabeza que a dereita (Partido Popular e Ciudadanos) votase a favor da proposta do PSOE con tanto entusiasmo.
  • Segundo, cheira bastante mal que o informe externo (á carta) encargado polo Goberno Municipal para aclarar a oferta económica da empresa adxudicataria diga disimuladamente que na devandita oferta  pode haber unha baixa impropia (antes eran baixas temerarias).
  • Teceiro, non podemos comprender como, a maiores, o devandito informe recoñece que mentres as baixas laborais do persoal do SAF en Galiza andan ao redor dun 8%, a previsión da empresa para Gondomar sexa dun 3%. Que pasa, que as mulleres de Gondomar son de ferro?

Señor Alcalde, vostede si que se pon de perfil porque sabe perfectamente quen vai pagar as consecuencias dun servizo mal financiado: AS PERSOAS USUARIAS (maiores e vulnerables) e AS TRABALLADORAS do SAF con máis precariedade laboral e sobreexplotación. Quedoulle claro agora?

 

En Gondomar, a 3 de Outubro de 2020.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Voceiro Municipal de MM.

 

Outubro 5, 2020

Etiquetas: , ,