O noso xeito de ver o mundo: Participación Cidadá

Manifesto MiñorForma parte do noso xeito de ver o mundo o fomento da participación cidadá e a toma de decisións colectivas. Creemos e defendemos que en común todo é mellor.

Dende Manifesto Miñor apostamos por implantar un modelo de participación cidadá con base parroquial, con consellos parroquiais que sirvan de altofalantes das necesidades das veciñas e veciños, que canalicen as súas demandas.

O Regulamento de Participación Cidadá

En Gondomar, vimos traballando dende hai varios meses nun Regulamento de Participación Cidadá, debatido e consensuado co movemento veciñal e asociativo do Concello e cos grupos políticos que quixeron facer as súas achegas. Xa que logo, este regulamento estivo totalmente aberto a modificacións, enmendas e opinións de todo o mundo e inclúe, polo tanto, propostas doutros grupos políticos e colectivos varios. É un regulamento elaborado dende o común, para que as nosas veciñas e os nosos veciños poidan participar activamente na vida municipal. Este regulamento recolle unha análise de necesidades e unha metodoloxía para que tanto a Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar e o todo o movemento asociativo como as veciñas e os veciños, de xeito individual, poidan propoñer plans de actuacións nas parroquias.

Neste sentido, Manifesto Miñor ten unha aposta clara con respecto á participación veciñal: a aprobación definitiva do Regulamento de Participación Cidadá, o compromiso de crear consellos parroquiais, ónde as veciñas podan achegarse para debater, informarse e buscar solucións aos seus problemas, o fomento do movemento asociativo, etc.

 

Febreiro 6, 2017

Etiquetas: ,