O Manifesto Miñor reclama confluencia de cara ás Eleccións Xerais

Manifesto MiñorNestes últimos tempos véñense dando pasos para a configuración dunha candidatura galega no que o protagonismo recaia na cidadanía. No Manifesto Miñor non queremos permanecer alleos a esta realidade, polo que na nosa X Asemblea Aberta, celebrada o día 25 de setembro de 2015, decidimos contribuír na medida do posible a conseguilo.

Xa que logo, a asemblea do Manifesto Miñor acordou o seguinte:

  1. Apostar decididamente pola confluencia, nun único espazo cidadá, das dúas plataformas que se reclaman como tales, isto é Iniciativa pola Unión e Encontro Cidadá por unha Marea Galega.
  2. Demandar dos partidos das esquerdas e nacionalistas a necesaria xenerosidade para acadar unha única candidatura galega que asegure a presenza da nación dos galegos e galegas nas vindeiras Cortes Xerais, así como a defensa dos dereitos e das conquistas sociais que tanto custou conseguir.
  3. Organizar nos vindeiros días un acto público para que tanto os dous espazos cidadás como os partidos políticos interpelados poidan fixar as súas posicións e dialogar sobre esta demanda da sociedade coa veciñanza do Val Miñor.

Gondomar, a 26 de setembro de 2015

Setembro 26, 2015

Etiquetas: