O Goberno municipal de Gondomar persegue xs hostaleirxs de Gondomar no canto de desenvolver un programa de axudas que lles permita afrontar a crise provocada pola Covid-19

OS LOCAIS DE HOSTALARÍA DE GONDOMAR, NO CANTO DE RECIBIR AXUDA DO GOBERNO MUNICIPAL, RECIBEN UN CONTROL SEN CRITERIOS OBXECTIVOS OU AXUSTADOS ÁS ORDENZAS MUNICIPAS QUE FAI SOSPEITAR QUE TEN MÁIS QUE VER CO GRAO DE AFECCIÓN AO GOBERNO E AO SR. ALCALDE QUE ÁS NORMAS MUNICPAIS OU DE CONTROL DA PANDEMAIA, SENDO ESPECIALMENTE ESCANDALOSO NO QUE SE REFIRE ÁS TERRAZA E Á OCUPACIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS CON MESAS E CADEIRAS.

Na Vila de Gondomar e na súa contorna hai neste momento instalados 34 locais de hostalaría entre bares, cafeterías, pubs e restaurantes. Isto dá (ou dába) unha media de 78 postos de traballo, probablemente o maior número de empregos existentes no sector servizos de Gondomar. Un sector especialemnte castigado pola pandemia COVID-19 e que lamentablemente moitos deses negocio e empregos se perdan para sempre. Xa que logo estamos diante dun sector moi castigado e que precisa de todo o apoio posible das institucións, comezando polo Concello, obviamente respectando as normas que ditan as autoridades sanitarias, cousa que é perfectamente compatible como están demostrado xs nosxs hostaleirxs  até hoxe.

Pois ben, malia todas estas circunstancias coñecidas polo Goberno Municipal e polo Sr. Alcalde en primeira persoa, a MM chegan queixas do malestar de moitxs desxs hostaleirxs da Vila de Gondomar que non entenden o exceso de celo da Polícia Local (por non dicir acoso)  que seguindo instruccións da Alcaldía, son obrigados a retirar as mesas (todas) de terminados espazos públicos nos que até agora nunca houbo problema e polos que pagan as correspondentes taxas recollidas nas ordenazas fiscais municipais, que en ningún caso prohiben ou distinguen entre poñer unha mesa nunha praza co solo de pedra, cemento ou herba.

A única maneira de rematar coa devandita discrecionalidade e discriminación ou  abuso por parte do Concello, é aplicando un criterio  uniforme, equitativo e previamente consensuado co sector, para todos os locais con terrazas ou atención ao público fóra dos establecementos hostaleiros, saiban a que aterse, independentemente de sa hai ou non Pandemia. Non pode ser que mentres uns locais poidan usar sen medida un espazo público ocupando case a totalidades dunha praza, outros son perseguidos por poñer catro mesas nun lateral dunha zonas verdes pública con máis de 6000m2 de superficie.

Como xa se dixo, para MM este tipo de actuacións discrecionais sen unha ordenanza ou normativa municipal que lle dea amparo, son castigos contra os “disidentes” que teñen o “atrevemento” de facer o seu traballo diariamente con moito esforzo e sacrificio pra sacar adiante os seus negocios sen lle rir as gracias ao Sr. Alcalde, é dicir, trátase dunha cacicada do Sr Ferreira das de toda a vida.

Dende Manfiesto Miñor demandamos do Goberno Municipal unha actuación xusta e igualitaria para todos os locais de hostalaría de Gondomar, acorde coas ordenanzas municipais tanto no que respeita ás terrazas ou a ocupación dos espazos públicos coma outros aspeitos, que xa bastante teñen con abrir a porta todos os días e os gastos que iso implica nun te,mpo cheo de incertidumes.

O Sr Ferreira non canto de complicárllela vida aos hostalerios de Gondomar, faría mellor promovendo axudas reais, como por exemplo a  eliminación temporal da taxa por ocupacion de via píublica (terrazas) para o anos 2021, rebaixas na recollida do lixo, da auga, do IBI, etc como xa temos proposto en varios plenlos sen resposta positiva pola súa parte. O se axuda ao comercio local e a hostalaría, ou en breve teremos unha Vila Morta. MM anuncia unha iniciativa neste senso para o vindeiro pleno de abril.

 

En Gondomar, a 18 de marzo de 2021.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas. Voceiro de “Manifesto Miñor.”

Marzo 19, 2021

Etiquetas: , ,