O desleixo do Goberno municipal de don Paco Ferreira segue maltratando o comercio local de Gondomar

Cada día que pasa vai quedando máis en evidencia o nulo interese, por non dicir desprezo, que o señor Ferreira e o seu ben pagado Goberno mostran polo comercio local e pola propia clientela dos establecementos de Gondomar.

 

Os últimos exemplos deste desleixo teñen que ver coa campaña de Nadal: “No Nadal, merca en Gondomar” e coa “Festa da Empanada”, celebradas o pasado ano. A festa da empanada tivo lugar entre o 20 e 23 de maio de 2021, e a campa de Nadal entre o 1 de  decembro e o 6 de xaneiro de 2022. En ámbolos casos os premios que recibirían os participantes foron anunciados con grande despregue mediático polo Alcalde e a Concelleira de Comercio, dona Rocío Deolinda Goberna, chegando a dicir sobre a campaña do Nadal que “O comercio é un dos moitos sectores que se viron afectados pola pandemia e a recuperación económica que afrontamos despois. Desde o goberno local non nos esquecemos deles e seguimos promovendo actividades que sirvan para revitalizar as compras nestes establecementos e promocionalos como referentes non só agora nas festas, se non sempre”.

 

Pois ben, a día de hoxe nin os premios  da “Festa da Empanada” foron entregados, nin os clientes que mercaron no comercio local adherido á campaña “No Nadal, merca en Gondomar”, e que resultaron agraciados, recibiron aínda os vales regalo.

 

Porriba da situación tan grave que actualmente padece o comercio local en xeral, e o de Gondomar en particular, por mor das medidas erráticas que o goberno municipal foi impoñendo unilateralmente: supostas humanizacións, peche de rúas, falta de aparcamentos, etc., agora esta burla que o único que fai é xerar desconfianza entre os clientes a respecto dos comercios da vila, cando o responsable único é o Goberno Municipal que se agocha nos despachos sen dar unha explicación convicente aos afectados.

 

Dende MM esiximos a entrega inmediata dos premios e dos vales de compra a seus lexítimos agraciados, e pediremos explicacións no vindeiro Pleno desta actuación municipal tan lesiva para un sector xa castigado abondo.

En Gondomar, a 24 de marzo de 2022.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Voceiro Municipal de MM

 

 

Marzo 25, 2022

Etiquetas: ,