O departamento de Servizos Sociais do Concello de Gondomar no límite do colapso
Mentres o Sr. Alcalde e todo o Goberno Municipal levan máis dun ano adicados á propaganda que lle supón fotografarse en festas, procesións, eventos deportivos, actos de inauguracións, ou de asfaltado camiños, etc, coma se foramos un Concello rico, habitado por ricos, existe outra realidade que ocultan como é o caso das dúcias de persoas (veciñas nosas) vulnerables social e economicamente, que todos os días acoden aos Servizos Sociais do Concello buscando apoio ou axudas de todo tios; dende poder acceder ao banco de alimentos cada vez máis escaso a tramitar unha pensión non contributiva, pasando por axudas para libros, gafas, o dentista, etc, etc, etc.
Pois ben, dende hai ano e medio, aproximadamente, que se xubilou unha das traballadora sociais até o día de hoxe, o devandito departamento segue con unha soa traballadora, coa conseguinte acumulación de traballo e co que iso implica á hora de atender queles casos coa rapidez e urxencia debidas, neste momento é algo imposible para unha soa traballadora social.
Dende MM esiximos do goberno municipal e do Sr Ferriera, que se deixen de tanta propaganda e anunciós nos medios e atendan ás persoas realmente necesitadas pra que as súas condicións de vida non empeoren máis do que xa están.
Para isto é necesario contratar urxentemente a unha nova Traballadora Social, e sobro todo aumentar o orzamento para os servizos sociais todo o que a situación demande, pois ás persoas en situación de vulnerabilidade social non lles serve de nada nin as festas, nin os eventos….nin os afastaldos de camiño. Senón poder pagar a luz, ter para comer ou poder pagar o alugueiro das súas vivendas. A campaña eleitoral non pode ocultar esta realidade!
En Gondomar, a 19 de abril de 2023
Asdo. Antonio Araújo Quintas.
Voceiro de MM