O Concello de Gondomar non fai as xestións oportunas para localizar xs propietarios nas faixas de protección contra os lumes arredor dos núcleos de poboación

O pasado 9 de novembro de 2021, o DOG nº215 publicaba a instancia do Concello de Gondomar e asinada polo concelleiro de Medio Ambiente, don Brais Misa García, unha listaxe de máis de 4000 fincas de propiedade descoñecida co obxecto de proceder a darlle cumprimento legal, coa preceptiva advertencia previa, á xestión da biomasa existente nas mesmas e á retirada de arborado. En linguaxe do común significa que antes de entrar nas devanditas propiedases (supostamente descoñecidas) a limpar e a cortar as árbores, advirtese vía DOG incluso, do pago polos traballos de limpeza e sancións a que houbera lugar. Até aí trátase dos pasos que legamente recolle a Lei para intervir e limpar. Agora ben, se temos en conta que máis 4000 propiedades supoñen moitos centos de hectareas de terreos descoñecidas que haberá que limpar de propiedade, e dado que aparecen todas elas relacionadas coa sús respectivas Referencias Castastrais, as preguntas e as dúbidas que se abren son evidentes:

 

1ª.- Fíxose algún tipo de xestión por parte do Concello pra dar cxs propietarixs das devanditas fincas?

2ª.- Se temos en conta que a maioría destas parecelas estiveron pagando o IBI até 2019 (un imposto municipal) por estaren dentro das áreas de toleracia dos núcleos rurais delimitados que practicamente coincidente coa faixa de protección contras os lumes (a área de tolerancia eran 40 mts de fondo e a faixa de proteccion son 50mts), como é posible que seus propietarios sexan descoñecidos?.

 

Pois ben, á vista dos despropósitos que estamos coñecendo de man dos propios afectados pola execución das devanditas “limpezas”, xa que as empresas subcontratadas para o desbroce seguen ao pé da letra o plano das faixas de protección, chegando a darse o caso disparatado de entrar nalgunhas leiras cultivadas con horta co trator de cadeas e arrasar un plantío de verzas. Noutros casos son os propoios veciños e propietarios “descoñecidos” quen paran a maquinaria para proceder a limpar eles mesmos.

Dende Manifesto Miñor denunciamos a pasividade do goberno municipal encanto que non fixo os traballos previos de localización de propietarios enviando as cartas de aviso tirando pola vía do medio e publicando máis de 4000 fincas como descoñecidas que, como se dixo moitas delas pagaron até 2019 o IBI.

Como mínimo o Concello tiña que ter colocado un Bando avisando desta circunstancia e informar parroquia a parroquia do importante que é ter limpas as propiades pra evitar os lumes do verán protexendo porriba de todo as vivendas, cousas que non se fixeron malia ter 7 de 9 concelleirxs con dedicación exclusiva.

Por último, reclamamos que se faga este labor informativo, pois aínda están a tempo, evitando problemas coa veciñanza e probablemente máis dun contenciosos contra o Concello. A maiores, nestas roldas informativas debése facilitar información xs propietarixs sobre como xestionar as biomasas de cada un deles, e incluso facilitar a plantacións de frodosas nesas faixas de protección como fixeron no Concello de Tomiño, tendo en conta que estas árbores son o mellor cortalume natural que existe.

En Gondomar, a 27 de maio de 2002.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Maio 30, 2022

Etiquetas: ,