O CONCELLO DE GONDOMAR XA COLABORA DE XEITO EFECTIVO CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Certificación Caldeira

A Concellaría de Medio Ambiente vén de instalar una caldeira de biomasa, en substitución doutra de gasóleo, no sistema de calefacción para todo o edifico de Urbanismo. A instalación foi realizada a conta da subvención do INEGA e financia polo Programa Operativo FEDER-Galicia 2014-2012, cuxo financiamento acadou o 80% do custe total, supoñendo un gasto para o Concello ao redor dos 3.000 €.

Menor consumo e escaso mantemento

Entra as vantaxes desta instalación, están o seu mantemento que escaso, e o seu consumo. Unha Caldeira Biomasacarga de 4000kg de pellets, segundo a empresa instaladora debería durar par dous invernos, todo isto por un custe de 940 € en total, cando en gasóleo sería tres veces máis no mesmo período de tempo.

É una calor limpa, sen malos olores e sen botar á atmosfera partículas contaminantes, que mantén quente todo o edificio perfectamente. Podendo incluso programar o seu acendido, apagado, temperatura, etc, dende un teléfono móbil.

Este ano instalamos só esta caldeira, pois tivemos que renunciar á do CDL por falta de tempo para tramitar a súa adxudicación, ao ser un procedemento de contratación máis complexo por se tratar dun contrato maior e non haber tempo material para adxudicar e facer as obras do 1 de setembro ao 7 de novembro, improrrogable.

Animamos ás CC de Veciños, e á veciñanza en xeral a apostar por este tipo de calefacción, e á acollerse a axudas que tamén as hai para particulares

Á vista dos resultados coa nova caldeira instalada, agora xa non hai dúbida da necesidade de apostar por este tipo de calefacción, polo que o ano que vén, imos procurar cambiar todas as calefaccións de gasóleo das instalación municipais que poidamos por estas de biomasa.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, animamos ás CC de Veciños de edificios, e á veciñanza en xeral a apostar por este tipo de calefacción, e á acollerse a estas axudas que tamén as hai para particulares. As estatísticas fala de de a contaminación atmosférica está producida nunha porcentaxe moi elevada precisamente polas calefaccións de combustibles fósiles. Os últimos estudos falan que no Estado Español morren ao ano 16.000 persoas por causa da contaminación atmosférica.

Co idea de facer una mínima pedagoxía necesaria, e para que se poida comprobar que este tipo de sistemas funcionan, dende a Concellería de Medio Ambiente, convidamos aos colectivos veciñais, e veciños en xeral, a visitar esta nova instalación no edificio de Urbanismo, para comprobar “in situ”, que outro sistema é posible.

En Gondomar, a 26 de Novembro de 2017.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.

Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

Novembro 26, 2017

Etiquetas: