O Alcalde Paco Ferreira permite a ocupación de prazas de persoas con diversidade funcional
A redución de prazas de aparcamento para persoas con discapacidade vén producíndose dende que comezaron as obras da Praza da Paradela. Ademais da imposibilidade de estacionar na contorna do Concello, agora tamén se están a ocupar este tipo de prazas noutras rúas do concello, coa pasividade total do goberno municipal do Partido socialista; así (vela foto do encabezado) levan máis de dúas semanas estas dúas prazas de aparcamento para persoas con diversidade funcional na rúa Portugal de Gondomar. Estas prazas teñen por obxecto facilitar o acceso ao Centro de Saúde destas persoas e tamén para o estacionamento de vehículos de emerxencias, como ambulancias.
Dende Manifesto Miñor, sospeitamos que estas prazas permanecerán moito tempo inutilizadas, sen reparar na necesidade para as usuarias e os usuarios destes lugares de aparcamento. Ademais, hai que ter en conta que este atropelo prodúcese xusto en rronte do despacho das concelleiras de Igualdade e Benestar Social.
Con este tipo de actitudes, Paco Ferreiro demostra que lle importan ben pouco as persoas con diversidade funcional e, por suposto, exhibe máis unha vez a súa insensibilidade social. O del é inaugurar cousas, aínda que sexan liñas de Vitrasa Pantasma que entran en Gondomar.
Manifesto Miñor denunciaría este feito, para nós moi grave, no Concello, no Pleno da Corporación Municipal (se é que o Alcalde ten a ben convocalo nas próximas semanas) ou noutras instancias competentes.
Antonio Araúxo Quintas
Concelleiro-Voceiro de Maifesto Miñor.
Concelleiro-Voceiro de Maifesto Miñor.