O ALCALDE DE GONDOMAR XOGA AO ELECTORALISMO POÑENDO EN RISCO A APROBACIÓN DO PXOM

Vista Concello Gondomar

REPOSTA A UNHA INSIDIA

Como queira que a nova do Faro de Vigo publicada este 29 de abril, non recolle a opinión do Concelleiro de Urbanismo, Antonio Araújo, que non foi consultado sobre a nova situación que abre unha posibilidade para continuar a tramitación do PXOM, cómpre facer as seguintes aclaracións. Con todo, sorprende que se ignore que o pasado domingo 15 abril, no mesmo xornal, o Alcalde se alegrase (incompresiblemente!!) de ter un novo informe desfavorable que impedía ese desbloqueo.

o Alcalde se alegrase (incompresiblemente!!) de ter un novo informe desfavorable

Que pasou para que en só 15 días os informes desfavorables poidan pasar agora a ser favorables? Quen fixo o traballo de meses investigando no expediente, buscando novos informes, consultas a expertos, etc, acaso foi o Alcalde? Non, foi concelleiro de urbanismo, traballando calada e reponsablemente que pra iso é a súa competencia, aínda que non teña dedicación exclusiva como mente o Alcalde.

foi concelleiro de urbanismo, traballando calada e reponsablemente que pra iso é a súa competencia

Paco Ferreira na súa liña habitual de mentir sen rubor, pon agora coma desculpa que non era legalmente posible facer a cesión do contrato de EPTISA a Alfonso Botana S.L. por Resolución, xa que a competencia é da Xunta de Goberno. Pero non quedamos en que o problema para el eran os informes desfavorables? Por Resolución ou en Xunta de Goberno, os concelleiros de MM dixemos sempre estar dispostos a asinar ou a votar a favor desa resolución, xa que porriba duns informes non vinculantes, está o interese xeral da cidadanía de Gondomar.

ter o PXOM bloqueado dende setembro de 2017, é exclusivamente do Sr. Ferreira que prefire desgastar ao socio de goberno coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais

Polo tanto, a responsabilidade de ter o PXOM bloqueado dende setembro de 2017, é exclusivamente do Sr. Ferreira que prefire desgastar ao socio de goberno coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais e en espúreos intereses eleitoralistas, que en ter o PXOM aprobado inicialmente no que queda de mandato como foi o acordado no pacto de gobernó en 2015. Alá el coa súa responsabilidade. Na oposición ou no goberno, MM vai seguir traballando para que Gondomar teña canto antes un PXOM, pois en política, nin todos somos iguais, nin todo vale.

está dinamitando as últimas pontes que aínda quedaban en pé

Por último, recomedámoslle ao Sr. Ferreira que baixe á realidade e deixe de vivir na ficción dunha maioría absoluta que non ten (4 concelleiros de 17) e que pola deriva autoritaria que leva vai ter moi difícil podela construir despois das eleccións municipais de maio de 2019, se fora o caso, pois está dinamitando as últimas pontes que aínda quedaban en pé.

En Gondomar, a 29 de abril de 2018.
Manifesto Miñor.

Abril 30, 2018