Nota informativa do Comité Electoral sobre o proceso de primarias
Reunido o comité electoral de Manifesto Miñor este luns 23 as 20h en Gondomar, acorda o seguinte:
Actos públicos
De acordo co regulamento de primarias en que na medida das posibilidades de organización o Comité Electoral facilitará debates públicos entre as persoas candidatas, decidimos programar dous actos para que as persoas candidatas teñan a oportunidade de darse a coñecer. Estes actos serán os seguintes:
- Mércores 25 de marzo ás 20h no centro cultural de Vincios, Gondomar.
- Venres 27 de marzo ás 19h en Gondomar centro (local aínda por confirmar)
Proceso de votacións
As eleccións para escoller as persoas da lista para Gondomar se repartirá en dous días:
- Voto telemático: Dende o sábado 28 ás 10h ata o domingo 29 ás 20h.
- Voto presencial: Domingo 29 de marzo no Centro Neural de Gondomar das 11h ata ás 14h e dende ás 17h ata ás 20h.
Inscrición previa
Para poder exercer o dereito o voto deberá cumprirse cos requisitos que veñen no regulamento de primarias no apartado 2. Ademais haberá que facer unha inscrición previa, que será anticipadamente nos días e nos lugares programados para actos públicos, e no mesmo día de votacións presenciais no lugar e nas horas indicadas. Na xornada de votación presencial haberá unha mesa diferente as de votacións para facer dita inscrición.
Instrucións para exercer o voto
A votación realizarase na plataforma de votacións online habilitada para tal efecto. Esta plataforma será a encargada de asignar a clave coa que se poderá exercer o voto, tanto telemático como presencial, e que será entregada no momento de facer a inscrición. Na xornada de votación presencial, o comité electoral porá a disposición das persoas que vaian votar un ordenador para exercer o voto directamente na plataforma de votacións, e unha urna onde se depositará a papeleta cumprimentada debidamente. Os votos que se depositen en urna serán subidos a plataforma de votacións polos compoñentes das mesas unha vez rematada a xornada electoral. Todas as persoas que exerzan o voto poderán consultar o seu voto na páxina da plataforma de votacións coa súa clave.
Tanto na plataforma como nas papeletas de votación, aparecerá a lista das persoas candidatas a lista. Poderase escoller un máximo de catro homes e catro mulleres e un mínimo de dúas de cada xénero, que puntuarán de xeito idéntico dende o posto 1 ao 4: 12 puntos, 6 puntos, 4 puntos e 3 puntos.
Tanto o candidato que se presentou para encabezar a lista como a que se presentou para entidade Local Menor de Morgadáns deberán pasar un proceso de referendamento o ser ós únicos candidatos que se presentaron, e a persoa votante terá que que escoller entre referendar a candidatura ou votar en branco. Segundo o regulamento de primarias, esta persoa será aquela que obtivese, cando menos, o 40% dos votos emitidos.