Nacemento
A necesidade do momento
Somos persoas, veciños e veciñas do Val Miñor, xuntas neste MOVEMENTO VECIÑAL que se organiza por medio da participación direta baixo unha metodoloxía horizontal ASAMBLEARIA, distribuída por GRUPOS DE TRABALLO, e coordinados/as baixo un CÓDIGO ÉTICO para ir traballando un cronograma e un programa común de cara ás eleccións locais.
Partiu dun grupo promotor de veciños e veciñas de Baiona, Gondomar e Nigrán que se reuníu no Pazo da Escola (Mañufe, Gondomar) para iniciar unha acción cidadá, toda vez que concordaban na análise de que estamos a vivir un momento histórico no que se precisa da unidade para chegar a puntos en común e abrir espazos que faciliten esa confluencia coa finalidade de conseguir a rexeneración democrática. Esta iniciativa concretase na redacción do Manifesto Miñor.
Durante agosto e setembro, levouse a cabo a recollida de sinaturas de apoio ao manifesto, acadándose en torno a 300 sinaturas (entre as visibles e as ocultas); a continuación desenvolveuse un referendo telemático para coñecer a opinión dos asinantes no tocante a tres cuestión.
De todo este proceso, xorde a necesidade de facer unha ASEMBLEA PÚBLICA E ABERTA, xa que a finalidade do Manifesto Miñor é sumar o máximo número de persoas, crear espazos abertos e inclusivos de debate e traballo para que cada quén se poida incorporar e participar de xeito autónomo e independente.
¡¡¡Devolvamos o poder á cidadanía!!!