Modelo de folla de reclamación contra o cobro abusivo de comisións de Abanca
Como queira que os abusos de Abanca, que impuxo o cobro de abusivas comisións de mantemento e gastos de xestión, afectan especialmente as persoas usuarias de maior vulnerabilidade, dende Manifesto Miñor compartimos un modelo de folla de reclamacións.
Para facer a reclamación so tes que seguir os seguintes pasos:
- Descarga e imprime o modelo de folla de reclamacións.
- Cubre os teus datos persoais (nome e apelidos, documento de identidade, enderezo, etc.).
- Asina o documento.
- Presenta a reclamación na túa oficina de Abanca.