Moción para promover a corrección catastral de fincas en Gondomar
Cando se produce algún cambio ou alteración na ordenación territorial dun concello que provoca cambios na clasificacación do solo (de urbano a rústico ou ao revés) procede que a administración municipal llelo comunique ao Catastro para que proceda a realizar os cambios nas valoracións das propiedades, ben aumentando, rebaixando, etc. o valor dos terreos. Desde modo, os recibos o IBI estarán axustados á realidade.
Pois ben, en Gondomar, coa entrada en vigor da Norma Básica Autonómica (que nos afecta ao sermos un concello sen planeamento) e coa aprobación de novos núcleos, dánse os dous caso e cómpre poñelo en coñecemento do Catastro. Con esta moción, pretendemos evitar o que pasou coa anulación do PXOM de 1997: que centos de fincas que pasaron á rústicas seguiron pagando o IBI sen ter obriga de facelo; deste modo, unha vez que o Catastro adaptou as propiedades á nova realidade urbanísitaca, o Concello tivo que devolver o indebidamente cobrado (retroctivamente, os catros últimos anos), co conseguinto prexuízo para as arcas muncipais e a inxustiza cos propietarios que pagaron 10 anos de IBI e só lle devolveron os últimos catro.
Como o goberno do señor Ferreira pasa de todo aquilo que non sexa propaganda e fotos nas redes sociais, entendemos que cómpre recordarlle a importancia de levar a cabo este trámite para evitar problemas no futuro para a veciñanza de Gondomar.