Moción en defensa dun transporte público de viaxeirxs de calidade para Gondomar

Plan de Transporte Metropolitano

No Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de Gondomar presentamos unha moción en defensa da inclusión de Gondomar no Plan de Transporte Metropolitano. A situación do transporte público de viaxeirxs no noso concello é, por moitos motivos, insostible tal e como está convicido: as sucesivas prórrogas das concesións e a falta de entendemento entre as empresas concesionarias que operan na actualidade, fixo que o servizo se fose deteriorando. A supresión de liñas, a falta de coordinación entre as empresas concesionarias (ATSA e Melytour) e a ausencia dunha planificación do transporte metropolitano impide que as persoas usuarias poidan desprazarse dun xeito eficiente pola área metropolitana de Vigo.

Xa que logo, dende Manifesto Miñor reclamamos, xunto coa Asemblea Veciñal por un Transporte Digno:

  1. Que se inclúa a Gondomar no Plan de Transporte Metropolitano.
  2. Que se busquen alternativas ao servizo actual, gravemente deteriorado nos últimos tempos.

 

 

Setembro 20, 2018

Etiquetas: