Manifesto Miñor volverá a solicitar ao goberno municipal que se reúna comerciantes da Praza Rosalía de Castro para ofrecerlles solucións
O comercio local de Gondomar está nunha situación crítica pola falta de políticas de promoción por parte da concelleira de comercio, con dedicación exclusiva, dona Rocío Deolinda Goberna. Se, alén disto, o goberno municipal está a realizar unha serie de actuacións humanizadoras sen contar cxs comerciantes afectadxs, o futuro do comercio no centro da vila será moi complicado, por non dicir inexistente.
Dende Manifesto Miñor levamos tempo solicitando que don Paco Ferreira e o seu goberno manteña xuntanzas e reunións cos comerciantes da Praza Rosalía de Castro co obxectivo de ofrecer información sobre o proxecto de humanización e as obras (cuxo comezo foi coñecido polxs comerciantes afectadxs a través dos medios de comunicación) e as medidas que se van a desenvolver para garantir melloras (axudas, exención de taxas e impostos municipais, políticas de promoción, etc.). Así o volveremos a demandar no vindeiro Pleno municipal a través da moción que compartimos a continuación.