Manifesto Miñor solicitará no vindeiro Pleno a gratuidade da autoestrada do Val Miñor (AG-57)
Manifesto Miñor vén de presentar unha moción para debater no vindeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal de Gondomar co obxecto de demandar un posicionamento respecto do rescate do AG-57, toda vez que vimos de saber que o Goberno Galego acaba de anunciar a gratuidade de varias autoestradas de titularidade autonómica.
Dende Manifesto Miñor, cremos que os Alcaldes do Val de Miñor, os gobernos municipais dos tres concellos e as corporacións municipais teñen a obriga moral de evitar este agravio coparativo, máis aínda cando sufrimos a imposición dunha infraestrutura que desfixo a Comarca, pois tiña unha finalidade puramente especulativa.