Manifesto Miñor solicitará de urxencia no Pleno deste xoves a restitución do Punto de Información Catastral no Concello de Gondomar

Vista Concello Gondomar
O Grupo Municipal de Manifesto Miñor vén de presentar pola vía de urxencia unha moción que ten que ver coa desaparición do Punto de Información Catastral que existía no Concello dende hai anos. Trátase dun servizo de moitísima utlidade para centos de veciñxs de Gondomar, máxime se temos en conta que somos un Concello moi extenso e con miles de propiedades mal catastradas. A xubilación, hai uns meses, do funcionario que levaba este servizo deixounos sen esta importante ferramenta para poder poñer orde nun catastro tan defectuoso, sobre todo, o de rústica. Se temos en conta que ao outro punto que existía no ORAL d´A Ramallosa pasaoulle igual que ao de Gondomar, agora para calquera xestión deste tipo estamos obrigados a ir a Vigo, con todos os prexuicios que iso causa.
 
Pois ben, dende Manifesto Miñor queremos solicitar do Goberno municipal de don Paco Ferreira que se restituia canto antes o devandito servizo.

Outubro 6, 2022

Etiquetas: ,