Manifesto Miñor solicita a retirada de sedimentos do río Miñor na ponte de Mañufe para evitar inundacións durante o inverno

Logo de revisar o longuísimo expediente para conseguir retirar os sedimentos amoreados ao pé da ponte Mañufe (un expediente iniciado no 2016 por Manifesto Miñor cando Antonio Araújo era responsable das áreas de Patrimonio e Medio Ambiente) e despois de ser autorizado por Augas de Galicia (cunha prórroga que remata o 30 de decembro deste ano) dende a nosa organización vemos que o Goerno Muncipal non ten este asunto completamente abandonado. Sendo agora o momento axeitado para facer ese tipo traballos polo escaso caudal que leva o río Miñor, non entendemos esta actitude por parte do señor Ferreira e do seu equipo de goberno. Perder a próroga e ter que comezar de novo non sería tan grave se non fose pola inquedanza que os veciños da zona sofren todos os anos cando chega o inverno. Ademais, un mellor desaugue evitaría o deterioro deste importante elemento patrimonial.
 
Xa que logo, para evitar as excusas ás que nos ten acostumados o señor Alcalde, dende Manifesto Miñor vimos de solicitar a realización das tarefas de retirada de sedimentos do río Miñor na ponte de Mañufe a través dun escrito que acabamos de presentar no Rexistro Municipal.
Agosto 7, 2020

Etiquetas: , , ,