Manifesto Miñor recorre a Valedora do Pobo para coñecer o expediente das cámaras de seguridade do Concello
Onde está o expediente? E o expediente das vodas? Hai máis dun ano que Manifesto Miñor solicitou o expediente no que se ampara a colocación das cámaras no centro neural de Gondomar. Incumprindo a súa obriga legal Paco Ferreira nin entregou a documentación, nin sequera contestou. A nosa necesaria seguridade require de legalidade e confidencialidade. Temos dereito a saber cal foi o proxecto? Quen administra as cámaras? Quen ten acceso á elas? Si están sempre activas? Qué concelleirxs teñen acceso á revisión das imaxes? Canto custaron?
Por normativa administrativa, non se pode facer nada nunha administración sen que quede constancia da súa autorización e contratación. Coñecendo a forma de actuar habitual de Paco Ferreira, moito nos tememos que se pasase a lei polo forro outra vez e que non exista expediente algún que ampare a colocación das cámaras. Como hai cousa
dun mes volvimos a solicitar o expediente, e caducaron (outra vez) os prazos que obrigaban suministrarnos a documetación, non non quedou máis remedio que volver solicitar amparo da Valedora do Pobo para que requira ao concello a dar o correspondente expediente. Tampouco se nos ten suministrado o expediente no que constan as vodas que celebra o alcalde de Gondomar, e polas que cobra dietas. Non foi un mandato propicio para transparencia na vila condal de Gondomar.
15 de maio de 2019
Xosé Antón Araúxo
Concelleiro de Manifesto Miñor